Dorothy Wanja Nyingi

ictióloga de Kenya

Dorothy Wanja Nyingi, nada en Nairobi en 1973, é unha ictióloga galardoada con l'ordre des Palmes académiques (Orde das Palmas Académicas) polo seu traballo sobre a biodiversidade dos peixes e a ecoloxía acuática . É a directora do Departamento de Ictioloxía dos Museos Nacionais de Kenya e a autora da primeira guía de peixes de auga doce en Kenya. [1]

Infotaula de personaDorothy Wanja Nyingi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Nairobi, Kenya Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Nairobi (en) Traducir
Montpellier 2 University (en) Traducir
Universidade de Montpellier Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónictióloga , zoóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

En 1998 licenciouse en Zooloxía pola Universidade de Nairobi e en 2002 un mestrado en Hidrobioloxía pola mesma universidade.

En 2007 obtivo o doutoramento en Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva pola Universidade de Montpellier II, cunha tese sobre a diversidade morfolóxica e xenética da tilapia do Nilo. [2] [3] [4]

Carreira editar

Colabora coa International Partnership for the Satoyama Initiative (IPSI) que promove a conservación e restauración de ambientes naturais modificados pola actividade humana, representando ao equipo KENWEB (The Kenya Wetlands Biodiversity Research Team) e aos Museos Nacionais de Kenya. [5]

Notas editar

  1. "The Freshwater Fishes of Kenya book launched at National Museums". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  2. "Our People" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019. Consultado o 6 de ouctubre de 2019. 
  3. "A former scholarship holder coordinator of the forthcoming science clubs". French Embassy in Nairobi. 13 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  4. Biko, Jackson (25 de septiembre de 2014). "Meet the Nyeri woman who knows her fish". Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  5. "Satoyama Initiative » Wanja Dorothy Nyingi: KENWEB, National Museums of Kenya". Consultado o 23 de marzo de 2016. [Ligazón morta]