Dorothy L. Sayers

Dorothy Leigh Sayers, nada en Oxford o 13 de xuño de 1893 e finada en Witham o 17 de decembro de 1957, foi unha recoñecida escritora inglesa de poemas e historias de detectives. Tamén foi estudosa das linguas clásicas e modernas.

Dorothy L. Sayers
Dorothy L. Sayers.jpg
Nome completoDorothy Leigh Sayers
Nacemento13 de xuño de 1893
 Oxford
Falecemento17 de decembro de 1957
 Essex e Witham
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterSomerville College, Godolphin School e Christ Church Cathedral School
Ocupaciónescritora, tradutora, novelista, dramaturga, ensaísta, poeta, copywriter, editora literaria, escritora de contos e filóloga
CónxuxeMac Fleming
Coñecida porWhose Body?, Clouds of Witness, Unnatural Death, The Unpleasantness at the Bellona Club, Lord Peter Views the Body, Strong Poison, Five Red Herrings, Have His Carcase, Hangman's Holiday, Murder Must Advertise, The Nine Tailors, Gaudy Night, Busman's Honeymoon, In the Teeth of the Evidence e Striding Folly
editar datos en Wikidata ]

Aínda que ten un considerable traballo académico, Sayers é coñecida sobre todo polos seus libros de detectives, onde creou varias novelas e relatos que transcorren entre as dúas grandes guerras, coa personaxe do aristócrata inglés e detective afeccionado, Lord Peter Wimsey, que foi moi popular no teu tempo. Non obstante, Sayers consideraba a súagrande obra a súa tradución da Divina Comedia de Dante Alighieri.[1]

TraxectoriaEditar

Sayers naceu o 13 de xuño de 1893 en Oxford. Era a única filla de Helen Mary Leigh e do reverendo Henry Sayers. Comezou a aprender latín co seu pai aos seis anos.[2] En 1909, foi estudar á Godolphin School,[3] un internado en Salisbury. En 1912, Sayers logrou unha bolsa no Somerville College,[4][5] Oxford, onde estudou linguas modernas e literatura medieval, rematando con honores en 1915.[6] Nese momento as mulleres non tiñan o costume de adquirir títulos académicos, mais Sayers foi das primeiras en recibir o título académico correspondente cando cambiaron as cousas uns anos máis tarde.[7] En 1920, graduouse co título de mestra. A súa experiencia en Oxford foi o punto de partida para inspirarse nunha das súas últimas historias, Gaudy Night.

En 1920, Sayers mantivo unha desagradable relación cun emigrante ruso e poeta, John Cournos, que participaba nos círculos literarios da época con figuras como Ezra Pound e os seus contemporáneos. Un tempo despois, casou cun escritor de novela criminal.

O 3 de xaneiro de 1924, aos 30 anos, Sayers deu a luz en segredo un fillo ilexítimo, John Anthony,[8] que foi coidado pola súa tía e a súa curmá, Amy e Ivy Amy Shrimpton e fíxoo pasar polo seu sobriño ante a súa familia e amigos.[9][10][11] O 13 de abril de 1926, dous anos despois de publicar as súas dúas primeiras novelas de detectives, Sayers casou co capitán Oswald Atherton "Mac" Fleming.[12] Fleming estaba divorciado e tiña dous fillos.

Sayers era amiga íntima de C. S. Lewis e de moitos outros membros de "The Inklings". Ás veces, Sayers participaba con Lewis nas reunións do "Socratic Club". Lewis dixo unha vez que lía The Man Born to be King cada pascua,[13] mais confesou que non era capaz de gozar das novelas policíacas. J. R. R. Tolkien afirmou na súa carta número 71, dirixida ao seu fillo Christopher, que, a pesar de esforzarse moito en que lle gustasen as novelas de Sayers, acabou creando unha verdadeira aversión a Lord Peter Wimsey, debido á súa novela Gaudy Night.[14]

ObraEditar

Aínda que Sayers ten unha vasta obra literaria, as súas obras máis coñecidas son as súas novelas policiais, que xiran na súa maior parte arredor da personaxe de Lord Peter Wimsey, un detective afeccionado que se atopa constantemente no medio de crimes dignos dos casos do padre Brown ou de Sherlock Holmes. Os seus principais traballos de detectives son Whose Body?, Gaudy Night e The Nine Tailors.

Sayers tamén é coñecida polas súas traducións, por exemplo, a súa famosa tradución da Divina Comedia de Dante Alighieri, que se fixo moi popular pola súa claridade e as robustas notas que facilitaron a comprensión do texto. Desafortunadamente, debido á súa inesperada morte por insuficiencia cardíaca, o 17 de decembro de 1957, Sayers non puido rematar a tradución do terceiro volume da Divina Comedia, o Paraíso. Sayers tamén traduciu O Cantar de Roldán, directamente do francés clásico.

Aínda que foi unha parte importante da súa obra, os escritos relixiosos e académicos de Sayers, así como algunhas das súas obras de teatro, pasaron desapercibidos para gran parte do público que chegou á autora polas súas obras de ficción policial.

Entre os seus libros relixiosos máis salientables está The Mind of Maker (1941), onde Sayers suxire unha analoxía entre o ser humano como creador (con maior foco no escritor de novelas, obras de teatro, novelas etc.) e a doutrina cristiá de trindade. Para a autora, o ser humano está dotado dunha trindade creativa, que se distingue en Idea, Enerxía e Poder. A Idea sería como un coñecemento completo e atemporal que un autor ten da súa obra, como imaxe do Deus-pai; a enerxía como esforzo creativo para traer a existencia esta obra, como imaxe do Deus-fillo; o poder como o impacto que o traballo terá na vida do receptor, como a imaxe do espírito de Deus. A través desta analoxía, Sayers introduce preguntas específicas de teoloxía na crítica literaria, como o problema do mal, a liberdade do creador e da criatura etc. Usando tanto a teoloxía clásica como a moderna, pasando dos santos Agostiño, Atanasio e Tomé de Aquino, a G. K. Chesterton, C. S. Lewis e Charles Williams, Sayers presenta unha proposta para o diálogo teoloxía-literatura.

NotasEditar

  1. Mystery Net Dorothy L. Sayers. Consultado o 21 de xullo de 2011
  2. Reynolds (1993), pp. 1–14
  3. "Inklings". Taylor University. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  4. Reynolds (1993), p. 43
  5. Prescott, Barbara M. (2016). "Dorothy Sayers and the Mutual Admiration Society: Friendship and Creative Writing in an Oxford Women's Literary Group". Inklings Forever: Published Colloquium Proceedings 1997-2016. A Collection of Essays Presented at the Tenth Frances White Ewbank Colloquium on C.S. Lewis & Friends 10: 274. 
  6. "The Biography of DLS". The Dorothy L. Sayers Society. The Dorothy L Sayers Society. Consultado o 29 de xullo de 2010. 
  7. _____, "Degrees conferred at Oxford". Yorkshire Post, 15 de outubro de 1920. 5.
  8. Reynolds (1993), p. 346
  9. Reynolds (1993), p. 126
  10. "gadetection / Sayers, Dorothy L". 
  11. Liukkonen, Petri. "Dorothy L. Sayers". Books and Writers (kirjasto.sci.fi). Finland: Kuusankoski Public Library. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 29 de maio de 2021. 
  12. '"Autumn in Galloway"' (1931)'[Ligazón morta] Pastel landscape by Oswald Atherton (Mac) Fleming with photograph of artist
  13. Website, The Official. “C.S. Lewis and The Man Born to Be King - Official Site.” Official Site | CSLewis.com, 26 Dec. 2014, www.cslewis.com/c-s-lewis-and-the-man-born-to-be-king/.
  14. Tolkien, J. R. R. As Cartas de J. R. R. Tolkien (en portugués). Curitiba. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • The Lost Tools of Learning por Dorothy L. Sayers: Gravación de son deste ensaio ISBN 978-1-60051-025-0
  • Brabazon, James, Dorothy L. Sayers: a Biography (1980; Nova York: Avon, 1982) ISBN 978-0-380-58990-6
  • Dale, Alzina Stone, Maker and Craftsman: The Story of Dorothy L. Sayers (1993; backinprint.com, 2003) ISBN 978-0-595-26603-6
  • Leavis, Q.D. (1937). "The Case of Miss Dorothy Sayers". Scrutiny VI. 
  • McGregor, Robert Kuhn & Lewis, Ethan Conundrums for the Long Week-End : England, Dorothy L. Sayers, and Lord Peter Wimsey (Kent, OH, & Londres: Kent State University Press, 2000) ISBN 0-87338-665-5
  • Prescott, Barbara, "Dorothy L. Sayers & the Mutual Admiration Society: Friendship and Creative Writing in an Oxford Women's Literary Group." INKLINGS FOREVER, Vol. 10. Proceedings of the 2016 Frances W. Eubank Colloquium on Lewis & Friends. (Winged Lion Press, 2017)
  • Reynolds, Barbara, Dorothy L. Sayers: Her Life and Soul (Londres: Hodder & Stoughton, 1993; rev. eds 1998, 2002) ISBN 0-340-72845-0
  • Sørsdal, Randi, From Mystery to Manners: A Study of Five Detective Novels by Dorothy L. Sayers, Masters thesis, University of Bergen, bora.uib.no[Ligazón morta]

Ligazóns externasEditar