Dorothea Menadier

numismática alemá


Dorothea Menadier, nada o 11 de decembro de 1891 en Berlín e finada en data e lugar incertos, foi unha numismática alemá especializada na moeda medieval.[1]

Infotaula de personaDorothea Menadier
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1891
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Tubinga.
Universidade Humboldt de Berlín.
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dorothea Menadier era filla do eminente numismático medievalista Julius Menadier (1854-1939), director do Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, e da súa muller, Ida Menadier, baronesa de Düring (1858-1934).[1]

O seu irmán, Karl Menadier, tamén foi un recoñecido numismático.[2]

Logo de cursar a súa educación secundaria en Schöneberg, estudou Historia na Universidade de Tubinga e posteriormente na Universidade de Berlín. Nesta última doutorouse o 21 de xuño de 1915, na Facultade de Filosofía, baixo a dirección de Michael Tangl, cunha tese titulada Die Münzen und das Münzwesen der deutschen Reichsäbtissinnen im Mittelalter ("As moedas e as cuñaxes das abadías imperiais alemás na Idade Media").

Publicacións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Dr. phil. Dorothea MENADIER, deutsche Numismatikerin". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.
  2. "Dr. Karl MENADIER, deutscher Numismatiker". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.