Dorothea Lange
Dorothea Lange, nada en Hoboken (Nova Jersey) o 26 de maio de 1895 e finada en San Francisco (California) o 11 de outubro de 1965, foi unha fotoxornalista documental estadounidense. Acadou sona polo seu traballo durante a Gran Depresión para a oficina de Administración de Seguridade Agraria (FSA), que a converteron nunha das personalidades máis destacadas do fotoxornalismo a nivel mundial.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dorothea Margaretta Nutzhorn ![]() 26 de maio de 1895 ![]() Hoboken, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1965 ![]() San Francisco, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | cancro do esófago ![]() |
Grupo étnico | Xermanos estadounidense ![]() |
Educación | Universidade Columbia - fotografía (1917–1918) Wadleigh High School for Girls ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía ![]() |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América San Francisco ![]() |
Ocupación | xornalista, documentalista, fotógrafa, fotoxornalista, artista ![]() |
Empregador | Administración de Seguridade Agraria War Relocation Authority San Francisco Art Institute ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Realismo social ![]() |
Pseudónimo literario | Taylor, Dorothea Lange Taylor, Paul Schuster, Mrs ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Paul Schuster Taylor (1935–1965) Maynard Dixon (1920–1935) ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century Obálky knih, ![]() Directory of Southern Women Artists ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLange naceu en Hoboken[2][3] e formouse na Wadleigh High School para mulleres, en Nova York.[4] Despois estableceuse en San Francisco onde atopou traballo nunha tenda de material fotográfico.[5] Alí, Lange coñeceu a outros fotógrafos e coñeceu a un investidor que a apoiou a creación dun estudio de retratos de éxito.[3][6] Pero no inicio da Gran Depresión, virou o seu obxectivo do estudio para a rúa.
No fondo da Gran Depresión, en 1933, uns catorce millóns de persoas nos Estados Unidos estaban sen traballo; moitos sen fogar, á deriva sen rumbo e sen comida suficiente. No medio oeste e suroeste, a seca e as tormentas de po aumentaron os estragos económicos. Durante a década de 1930, unhas 300.000 persoas emigraron cara ao oeste a California, coa esperanza de atopar traballo.
Lange comezou a fotografar a esta xente desafortunada, deixando o seu estudio para documentar as súas vidas nas rúas e estradas de California. Percorreu os camiños coa cámara, retratando o alcance da conmoción social e económica da Depresión. É aquí onde Lange atopou o seu propósito e dirección como fotógrafa; xa non era retratista; pero tampouco era fotoxornalista. En cambio, Lange fíxose coñecida como unha das primeiras e das mellores fotógrafas documentais dos Estados Unidos.[7]
Notas
editar- ↑ Hudson, Berkley (2009). Encyclopedia of Journalism. Sterling. pp. 67–1060. ISBN 978-0-7619-2957-4.
- ↑ Lurie, Maxine N.; Mappen, Marc (2004). Encyclopedia of New Jersey. p. 455.
- ↑ 3,0 3,1 Vaughn, Stephen L. (2008). Encyclopedia of American Journalism. p. 254.
- ↑ Acker, Kerry (2004). "Dorothea Lange". Infobase Publishing.
- ↑ Durden, Mark (2001). Dorothea Lange (55). Phaidon Press Limited. p. 126. ISBN 0-7148-4053-X.
- ↑ Lange, Dorothea (2014). Dorothea Lange. New York City. ISBN 9781597112956. OCLC 890938300.
- ↑ Perchick, Max (1995). "Dorothea Lange' the Greatest Documentary Photographer in the United States". Photographic Society of America.