Abrir o menú principal

Dorinda Ramos

mestra e empresaria galega

María Dorinda Ramos Ramos, nada en Cerreda (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en marzo de 1921[1], e finada no Escorial o 17 de decembro de 2017[2], foi unha mestra e empresaria galega, muller do tamén empresario Eduardo Barreiros.

Dorinda Ramos
Nacemento1921
 Nogueira de Ramuín
Falecemento17 de decembro de 2017
 O Escorial
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e emprendedora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Orfa de nai ao nacer, o pai, que era dunha familia de pequenos propietarios agrícolas, casou de segundas e deixou a Ramos coas tías na aldea de Cerreda. Un tío de Dorinda Ramos era crego nunha parroquia próxima[1]. Ramos marchou como estudante internada ao colexio das Carmelitas de Ourense, e posteriormente diplomouse en Maxisterio. Nese tempo, en 1940, Ramos coñeceu no autobús a quen acabaría sendo o seu home, Eduardo Barreiros[1], e o seu socio de proxectos empresariais. Casou con Barreiros no ano 1946[1], xusto cando Barreiros empezaba a colleitar éxitos empresariais coa contratación de obra pública na España do primeiro franquismo.

O negocio familiar mudou á transformación de motores de gasolina en diésel e nos primeiros anos cincuenta trasladáronse a Madrid para dirixir desde alí a empresa Barreiros. Nos anos sesenta chegan a un acordo con Chrysler para a compra de accións da súa empresa, que acabará supondo, a finais da década, a saída de Barreiros da empresa familiar e a reorientación a outros sectores, como a fabricación de penso, o sector do viño ou a minaría (casiterita). Nos anos oitenta expandiron os seus negocios a Cuba, se ben Dorinda Ramos nunca se chegou a instalar na illa. Logo do falecemento do home en 1992, Ramos retirouse da vida empresarial.

Desde 1997 e ata o seu falecemento foi presidenta de honra da Fundación Eduardo Barreiros.[3]

Vida persoalEditar

A súa filla, Mariluz Barreiros Ramos, casou co empresario Jesús Polanco.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Thomas, Hugh (2009). Eduardo Barreiros and the Recovery of Spain. Yale University Press. ISBN 978-0-300-12-109-4. 
  2. Galiciae. "Muere María Dorinda Ramos, la columna vertebral de la familia Barreiros". Galiciae (en inglés). Consultado o 2017-12-24. 
  3. Región, La. "Dorinda Ramos: la mujer que nunca olvidó el barallete". La Región (en castelán). Consultado o 2019-03-01.