Doordarshan é a cadea pública de televisión da India que forma parte do ente público de radiotelevisión Prasar Bharati.

Doordarshan दूरदर्शन
Inicio das emisións 1959
Propiedade de Prasar Bharati
Área de emisión India

Na rede
www.ddindia.gov.in
Transmisor de Doordarshan

Inicios editar

Doordarshan comezou a emitir experimentalmente o 15 de setembro de 1959 transmitindo para a zona de Delhi a través dun pequeno transmisor. As emisións regulares principiaron en 1965 como parte de All India Radio, en 1972 o servizo espallouse por Mumbai) e Amritsar e aínda en 1975 o servizo de televisión só estaba dispoñible en sete cidades. En 1976 separáronse o servizo de radio e o de televisión.

Emisións en toda a India editar

Ata 1982 todas as emisións eran locais pero a partir dese ano comezan a se transmitir emisións para toda a India, nese ano tamén comezaron as emisións en cor co discurso da primeira ministra Indira Gāndhi no Día da Independencia (15 de agosto) e nas transmisións dos Xogos Asiáticos que se celebraban en Deli.

Canles editar

Doordarshan opera múltiples canles, dúas emiten para toda a India, DD National e DD News, 11 canles por satélite en linguas rexionais, varias canles rexionais en estados de lingua hindi, unha canle deportiva, unha canle internacional e dúas canles para emisións de debates parlamentarios.

Ligazóns externas editar