Donella "Danna" H. Meadows, nada en Elgin, condado de Cook (Illinois), o 13 de marzo de 1941 e finada en Novo Hampshire o 20 de febreiro de 2001, foi unha científica ambiental, mestra e escritora estadounidense.[1] É coñecida por ser a autora de The Limits to Growth e Thinking in Systems: a Primer.

Infotaula de personaDonella Meadows

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata
Elgin, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Hanover, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPlainfield (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Carleton College (pt) Traducir - química Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDinâmica de sistemas (pt) Traducir e ambiente Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífica ambiental , escritora , mestra , química Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDartmouth College Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeDennis Meadows (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm6921882 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixiu a obra Límites do crecemento, e propuxo os doce puntos de influencia para intervir nun sistema.

Estudou Química no Carleton Collage en 1963, e fixo o doutoramento en Biofísica na Universidade Harvard en 1968. Despois converteuse en investigadora do MIT, onde colaborou xunto a Jay Forrester, quen desenvolveu a dinámica de sistemas e do principio de almacenamento magnético para as computadoras. A partir de 1972 deu clases no Dartmouth Collage durante 29 anos.[2]

Meadows atopábase traballando no MIT en 1972 formando parte do equipo que produciu o modelo computacional global World3 para o Club de Roma e proveu de bases para o libro ”Os límites do crecemento”. O libro reportou un estudo de tendencias globais a longo prazo nas áreas de poboación, economía e medio ambiente. Este documento gañou relevancia ao redor do mundo, e deu comezo a un debate acerca dos límites da capacidade do noso planeta para soportar a continua expansión económica do ser humano, un debate que continúa actualmente.[1]

En 1981, Meadows fundou o INRIC ("International Network of Resource Information Centres" – Rede Internacional de Centros de Información de Recursos), un proceso global de mecanismos de colaboración e para compartir información entre centos de académicos, investigadores e activistas do movemento de desenvolvemento sustentable (un esforzo internacional para reverter as tendencias de dano no ambiente, economía, e sistemas sociais).[1] Meadows fundou tamén o Instituto da Sostibilidade, que combina a investigación en sistemas globais con demostracións prácticas de vida sustentable, incluíndo o desenvolvemento de “ecoaldeas” e granxas orgánicas.[3]

Desde 1986, até o seu falecemento, escribía semanalmente unha columna chamada “The Global Citizen” ("O cidadán global"), nomeada ao Pulitzer en 1991, onde trataba eventos mundiais desde o punto de vista sistémico.[4][5]

No ano 1996 Meadows fundou o Sustainability Institute (agora chamado Academy for Systems Change) coa misión de fomentar a transición a sistemas sustentables en todos os niveis da sociedade, desde o local ao global. No seu traballo, analizou rigorosamente os sistemas que producen os complexos problemas que enfronta a humanidade, e describiu con humor e humildade o que se necesitaba facer para crear alternativas funcionais saudables. O seu traballo é amplamente recoñecido como unha importante influencia noutros estudos académicos, iniciativas gobernamentais e tratados internacionais.[6]

Obras editar

  • Donella H. Meadows, Thinking in systems, 2008.
  • Donella H. Meadows, Jorgen Randers e Dennis L. Meadows Limits to Growth-The 30 year Update, 2004.
  • Dennis L. Meadows, Donella H. Meadows e Jorgen Randers, Beyond the Limits: Confronting Global Collapse, Envisioning a Sustainable Future, Chelsea Green Publishing, 1993.
  • Donella H. Meadows, Beyond the limits: global collapse or a sustainable future, Earthscan Publications, 1992.
  • Donella H. Meadows, Global Citizen, Island Press, 1991.
  • Michael J. Caduto, prólogo de Donella H. Meadows, Pond and Brook: A Guide to Nature in Freshwater Environments, University Press of New England, 1990.
  • Donella H. Meadows e J. M. Robinson, The Electronic Oracle: Computer Models and Social Decisions, John Wiley & Sons, 1985.
  • Donella H. Meadows, John Richardson e Gerhart Bruckmann, Groping in the Dark: The First Decade of Global Modelling, John Wiley & Sons, 1982.
  • Donella H. Meadows, Limits to Growth: A Report for the Club of Rome's Project on the Predicament of Mankind, New American Library, 1977.
  • Dennis L. Meadows, Donella M. Meadows, Donella H. Meadows e Tzonis' Toward Global Equilibrium: Collected Papers, Pegasus Communications, 1973.

Recoñecementos editar

  • 1990 Premio “Walter C. Paine Science Education Award” en 1990,[5]
  • 2001 Premio “John H. Chafee Excellence in Environmental Affaire Award” de maneira póstuma.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 www.sustainer.org. "Sustainability Institute - Meadows Obituaries" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  2. Meadows, Donella H. 2008. Thinking in systems: a primer. Chelsea Green Publishing, Vermont, p.213 (Sobre el autor)
  3. "Donella es una de las nuestras, y si no la conoces te la voy a presentar" (en local). Consultado o 2020-11-07. 
  4. "Global Citizens Columns" (en inglés). Consultado o 2020-11-07. 
  5. 5,0 5,1 Donella Meadows Institute. "Donella “Dana” Meadows" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  6. "The Donella Meadows Project" (en inglés). Consultado o 2020-11-07. 
  7. Cobb Hill Cohousing. "Donella “Dana” Meadows" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 22 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar