Donatella Versace

deseñadora de moda e empresaria italiana

Donatella Francesca Versace, nada en Reggio Calabria o 2 de maio de 1955, é unha deseñadora de moda e empresaria italiana. É a directora creativa de Versace, división de Capri Holdings.[1] Versace foi fundada polo seu irmán Gianni, e trala morte deste en 1997, Donatella herdou o 20% da compañía, converténdose na directora executiva. Versace foi vendida a Capri Holdings en 2018, aínda que Donatella continúa involucrada nela.

Infotaula de personaDonatella Versace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Reggio de Calabria, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMilán Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñadora , empresaria , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAllegra Versace (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSanto Versace e Gianni Versace Editar o valor em Wikidata

Páxina webversace.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1015809 Facebook: versace Instagram: donatella_versace Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e familia editar

Donatella Versace naceu en Reggio Calabria, a máis nova de catro irmáns. O seu pai, Antonio, era vendedor e a súa nai, Francesca, era costureira.[2] A súa irmá máis vella, Tina, faleceu con doce anos dunha infección por tétano mal tratada.[3] O seu irmán, Santo, herdou o 30% de Versace trala morte de Gianni, e a filla de Donatella, Allegra, herdou o 50%.[4][5]

Carreira na moda editar

A mediados da década de 1970, Donatella seguiu o seu irmán máis vello, Gianni Versace, para dedicarse ao deseño de roupa de punto en Florencia. Planeaba traballar para o seu irmán no departamento de relacións públicas, mais, segundo ele dixo, era máis valiosa como "musa e crítica".[6] A través da súa proximidade ás empresas do seu irmán, entrou no mundo da moda. Na década de 1980, Gianni lanzou un perfume dedicada a ela, Blonde, e deulle a súa propia marca, Versus, que Gianni dirixiu para ela ata a súa morte.

O 18 de xullo de 1998, un ano e tres días despois da morte de Gianni, Donatella Versace montou o seu primeiro espectáculo de alta costura para o Versace Atelier no Hotel Ritz de París. Construíu a pasarela sobre a piscina do hotel, como fixera o seu irmán cada tempada, aínda que nesta ocasión empregando cristal.

Donatella deseñou campañas publicitarias para Versace que incluíron a Jennifer Lopez, Madonna, Courtney Love, Christina Aguilera, Jonathan Rhys Meyers, Demi Moore, Nicki Minaj e Lady Gaga e converteu a Beyoncé e a January Jones como imaxes da marca.

A súa popularidade aumentou cando deseñou o vestido verde, tamén coñecido como "Jungle-Dress" ("Vestido-Selva"), que levou Jennifer Lopez na 42.ª cerimonia dos premios Grammy en 2000.[7][8]

Donatella tamén deseñou o resort chamado Palazzo Versace Australia en Gold Coast, Queensland (Australia), que abriu en setembro de 2000.

Donatella tamén tivo un importante papel no deseño do Palazzo Versace Dubai, segundo hotel Palazzo Versace, aberto en novembro de 2016.[9][10]

Entre outubro de 2002 e xaneiro de 2003, os vestidos máis coñecidos de Gianni e Donatella foron exhibidos no Victoria and Albert Museum de Londres.[11]

Vida persoal editar

Versace e o seu ex marido, o modelo estadounidense Paul Beck teñen unha filla, Allegra Versace Beck (nada o 30 de xuño de 1986), e un fillo, Daniel Versace (nado en 1989). Cathy Horyn describiu a visita ao seu apartamento en Milán en 1996: "Era un lugar luxoso, o salón feito con impresións de Versace, mai tamén era un fogar bonito e feminino".[12] Donatella durante un tempo tomou drogas e foi unha fervente fumadora.[13]

O seu irmán Gianni Versace foi asasinado o 15 de xullo de 1997, no exterior da súa Casa Casuarina, tamén coñecida como Mansión Versace, en Miami.[14] Como consecuencia do enormemente publicitado crime, a maioría da familia Versace, incluída Donatella, mudouse temporalmente a un resort privado no Caribe.

Con só once anos, Gianni persuadiuna para que tinguise o seu cabelo de loiro porque el era un gran seguidor da cantante italiana Patty Pravo.[15]

Na cultura popular editar

Versace fixo aparicións en moitos filmes relacionados coa moda e a súa industria, como Zoolander. Noutros filmes, incluído o éxito de 2006 The Devil Wears Prada, menciónase o seu nome.[16]

Versace foi parodiada en varias ocasións por Maya Rudolph en Saturday Night Live.[17]

Na serie de ABC Ugly Betty, unha personaxe ficticia chamaba "Fabia", interpretada pola actriz Gina Gershon, é unha parodia de Donatella.[18] Gershon tamén interpretou a Versace como protagonista no telefilme de Lifetime House of Versace, estreada en 2013.

Lady Gaga escribiu para ela a canción "Donatella", publicada no álbum de 2013 Artpop.[19] O argumento da segunda temporada da serie de televisión American Crime Story conta o asasinato do irmán de Donatella, Gianni Versace.[20] Na serie foi interpretada por Penélope Cruz.[21]

Notas editar

  1. "Capri Holdings Limited Completes Acquisition of Versace" (Nota de prensa). Business Wire. 31 de decembro de 2018. 
  2. King, Carol (15 de abril de 2013). "Italian Families: Versace". Italy Magazine. 
  3. Collins, Lauren (24 de setembro de 2007). "Mondo Donatella". The New Yorker. p. 158. 
  4. Askinasi, Rachel (23 de abril de 2019). "Inside the iconic Versace family's journey through fame, tragedy, and resilience". Business Insider. 
  5. Horyn, Cathy (15 de xuño de 2004). "A New Half-Owner for Versace, and She's Almost 18". The New York Times. ISSN 0362-4331. 
  6. Miller, Julie (25 de xaneiro de 2018). "Inside Gianni Versace’s Final Fashion Show". Vanity Fair. 
  7. Fernandez, Celia (20 de xuño de 2019). "Jennifer Lopez Reveals Why She Almost Didn't Wear That Infamous Versace Dress to the 2000 Grammys". O, The Oprah Magazine. 
  8. Newcomb, Alyssa (22 de abril de 2019). "Jennifer Lopez shares the story of that iconic green Versace dress". Today. 
  9. "Go Big or Go Home! Palazzo Versace’s Grand Opening in Dubai". Vogue. 16 de novembro de 2016. 
  10. Brunt, Lara (28 de novembro de 2016). "Donatella Versace’s Dubai dream – inside the emirate's most glamorous hotel". The Daily Telegraph. 
  11. "Gianni Versace". Victoria and Albert Museum. 
  12. Orixinal en inglés: "It was a lavish place, the living room done in Versace prints, but it was also a beautiful and feminine home."
  13. Horyn, Cathy (4 de outubro de 2013). "Why Fashion Films Are Usually Cartoons". The New York Times. 
  14. Pearson, Muriel; Dubreuil, Jim; Valiente, Alexa (7 de xullo de 2017). "Inside the mind of the serial killer who murdered Gianni Versace". ABC News. 
  15. "Donatella Versace pressured to dye hair blond at age 11 by brother Gianni". Toronto Sun. 2 de novembro de 2016. 
  16. Bundel, Ani (17 de xaneiro de 2018). "Donatella Versace's Net Worth Is Even Higher Than You Think It Is & That's A Lot". Elite Daily. 
  17. "DONATELLA VERSACE SKETCHES". NBC. 
  18. Cooper, Gael Fashingbauer (5 de setembro de 2013). "Double-take! Gina Gershon becomes an uncanny twin of Donatella Versace". Today. 
  19. "Donatella Versace Approves of the Love Song Lady Gaga Wrote for Her". Fashionista.com. Consultado o 2014-05-19. 
  20. Wagmeister, Elizabeth (12 de xaneiro de 2017). "Lady Gaga Will Not Play Donatella Versace in FX’s ‘American Crime Story’". Variety. 
  21. Goldberg, Lesley (20 de marzo de 2017). "Penelope Cruz to Star in 'Versace: American Crime Story'". The Hollywood Reporter. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar