Don Drácula

serie de debuxos animados

Don Drácula (ドン・ドラキュラ Don Dorakyura) é un manga e un anime xaponés obra de Osamu Tezuka que reinterpreta en clave de humor as aventuras do conde Drácula.

Manga editar

O manga comezou a publicarse no Shūkan Shōnen Champion o 28 de maio de 1979 e rematou o 10 de decembro dese ano. En 1980 publicouse de forma independente en tres volumes.

Anime editar

Tezuka Productions comezou unha versión anime do manga, estaban previstos 26 episodios pero por dificultades financeiras só se remataron 8 e no Xapón só se viron os catro primeiros, emitidos por TV Tokyo en 1982. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1985.