Dominio de colisión

Un dominio de colisión é un segmento da rede na que os equipos comparten fisicamente o medio e polo tanto existe posibilidade de que dous ou máis equipos transmitan ao mesmo tempo, producíndose colisións entre os sinais. Un exemplo de dispositivo que crea un dominio de colisión son os hubs, xa que reenvían os sinais de tódolos equipos conectados a el de maneira indiscriminada. Os switches rompen os dominios de colisión ao xestionar o tráfico na capa 2 e evitar as colisións, aínda que crean dominios de broadcast.[1][2][3]

NotasEditar

  1. Sean Wilkins (5 de maio de 2015). Pearson, ed. "Collision Domains and Broadcast Domains = Apples and Oranges" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  2. Mark Curtis (20 de xaneiro de 2015). Cisco, ed. "Broadcast Domains and Collision Domains" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  3. Cisco Skills (ed.). "Collision Domains vs. Broadcast Domains" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar