Abrir o menú principal
Domingo Sanguento de 1887

O Domingo Sanguento do 13 de novembro de 1887 en Londres ocorreu por mor dunha manifestación en contra da coacción en Irlanda e para esixir a posta o liberdade de William O'Brien. A manifestación foi organizada pola Radical Federation (Federación Radical).

SucesosEditar

Ao redor de 10.000 manifestantes achegáronse a Trafalgar Square desde diferentes direccións guiados por (entre outros) John Burns, Annie Besant e Robert Cunninghame-Graham, que eran líderes da SDF (Social Democratic Federation).

Dous mil policías e 400 soldados militares foron despregados para deter a manifestación, pero nos enfrontamentos resultou moita xente golpeada duramente, polo que requiriron tratamento hospitalario. Burns e Cunninghame-Graham foron arrestados e encarcerados durante seis semanas.

Ditas tácticas déronlle unha publicidade excelente á SDF pero non conseguiron moito máis, xa que habían melloras nas condicións económicas e o problema irlandés foi reducido entre finais do mesmo ano e principios de 1888. A axitación desvaneceuse entón.