Domingo Maza Calvo, nado en Santiago de Compostela o 21 de marzo de 1889 e morto en Buenos Aires (Arxentina) o 18 de setembro de 1956, foi un escultor galego que desenvolveu a súa actividade na Arxentina.

Modelo:BiografíaDomingo Maza
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1889 Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (67 anos)

Traxectoria

editar

Despois de estudar Artes e Oficios en Santiago, emigrou a Arxentina ós 19 anos.[1] Alá destacou polas obras de imaxinería relixiosa, entre as que cómpre cita-las esculturas de San Bosco, os santos Cosme e Damián ou San Cristovo, así como o Cristo do altar maior da catedral de Bos Aires.[2]

Recibiu diferentes premios e medallas, alcanzando un éxito notable.

Probablemente, a sona de Domingo Maza vénlle de terselle atribuído autoría da máscara da cara[3] e dun baleirado en xeso da man dereita de Castelao,[4] de quen fora amigo persoal, á súa morte e que se conservan no Centro de Galicia de Bos Aires.[5] No mesmo Centro consérvase unha cabeza xacente de Castelao, feita en madeira por este escultor.[3] Tamén esculpiu os bustos de Lamas Carvajal,[6] Alexandre Bóveda[1] e Curros[7] . Foi autor de diversas ilustracións publicadas na revista Céltiga.[1]

Ademais do seu labor como escultor, Domingo Maza foi presidente da Irmandade Galega e fundou a revista Compostela (Bos Aires, 1938), da que foi o primeiro director.

  1. 1,0 1,1 1,2 Villar, Miro (2008). A poesía galega de Antón Zapata García edición e estudo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. p. 182. ISBN 9788498870480. OCLC 434106582. 
  2. Alirokas (2011-08-31). "Efemérides del mes de septiembre". Junta de estudios históricos del barrio de Boedo (en castelán). Consultado o 2018-07-06. 
  3. 3,0 3,1 Vieiro, Laura (2010). "El Centro Galicia de Buenos Aires, guardián de la cultura gallega al otro lado del mar". Galegos = Gallegos, (en castelán) (10): 84–89. ISSN 1889-2590. 
  4. "Crónica da enfermedade, morte i enterro de Castelao" (PDF). A Nosa Terra: Número especial adicado a Castelao (474). 25 de xullo de 1950. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2004. Consultado o 01 de xullo de 2010. 
  5. "Ficha de "Máscara mortuoria de Daniel R. Castelao"". Galicia Aberta (Xunta de Galicia). 2011-08-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2011. Consultado o 2018-07-06. 
  6. "Centenario del nacimiento de Lamas Carvajal" (en castelán). 23 de decembro de 1949. Consultado o 06 de xullo de 2018. 
  7. "Comision Orensana de Homenaje a Manuel Curros Enriquez". Opinión gallega (en castelán) (72). 27 de setembro de 1947. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar