Domain Name System

O Domain Name System, siglas DNS, en galego Sistema de Nomes de Dominios, é unha base de datos distribuída e xerárquica que almacena información asociada a nome de dominio en redes como Internet. Aínda que como base de datos o DNS é capaz de asociar distintos tipos de información a cada nome, os usos máis comúns son a asignación de nomes de dominio a enderezos IP e a localización dos servidores de correo electrónico de cada dominio.

Domain Name System
Tipoestándar de Internet, hierarchical namespace e protocolo de rede
editar datos en Wikidata ]

A asignación de nomes a enderezos IP é a función máis coñecida dos protocolos DNS. Por exemplo, se o enderezo IP do sitio FTP de prox.ve é 200.64.128.4, a maioría das conexións chegarán a este equipo especificando ftp.prox.ve e non o enderezo IP. Ademais de ser máis fácil de recordar, o nome e máis fiable xa que o enderezo numérico pode cambiar por moitas razóns sen que teña que cambiar o nome.

O crecemento explosivo da rede causou que o sistema de nomes centralizado no arquivo HOSTS non resultara práctico e en 1983, Paul Mockapetris publicou os RFCs 882[1] e 883 [2] definindo o que hoxe en día evolucionou ó DNS moderno. Estes RFCs quedaron obsoletos pola publicación en 1987 dos RFCs 1034[3] e 1035[4].

Especificacións dos DNS

editar

Compoñentes

editar

Para a operación práctica do sistema DNS utilízanse tres compoñentes principais:

  • Os Clientes DNS (resolvers), un programa cliente DNS que se executa na computadora do usuario e que xera peticións DNS de resolución de nomes a un servidor DNS (Por exemplo: Que enderezo IP corresponde a nome.dominio?);
  • Os Servidores DNS (name servers), que contestan as peticións dos clientes, os servidores recursivos teñen a capacidade de reenviar a petición a outro servidor se non dispoñen do enderezo solicitado.
  • As Zonas de autoridade, porcións do espazo de nomes de dominio que almacenan os datos. Cada zona de autoridade abarca un dominio e posiblemente os seus subdominios, se estes últimos non son delegados a outras zonas de autoridade.

Partes dun nome de dominio

editar

Un nome de dominio normalmente consiste en dúas ou máis partes (tecnicamente etiquetas), separadas por puntos cando se escriben en forma de texto. Por exemplo, www.mahomedalid.org ou es.Wikipedia.org

  • Á etiqueta localizada máis á dereita chamaselle dominio de nivel superior (inglés < Top Level Domain). Como org en www.mahomedalid.org ou es.Wikipedia.org
  • Cada etiqueta á esquerda especifica unha subdivisión ou subdominio. Nótese que "subdominio" expresa dependencia relativa, non dependencia absoluta. En teoría, esta subdivisión pode ter ata 127 niveis, e cada etiqueta conter ata 63 caracteres, pero restrinxido a que a lonxitude total do nome do dominio non supere os 255 caracteres, aínda que na práctica os dominios son case sempre moito máis curtos.
  • Finalmente, a parte máis á esquerda do dominio normalmente expresa o nome da máquina (en inglés hostname). O resto do nome de dominio simplemente especifica a maneira de crear unha ruta lóxica á información requirida. Por exemplo, o dominio es.Wikipedia.org tería o nome da máquina "es", aínda que neste caso non se refire a unha máquina física en particular.

O DNS consiste nun conxunto xerárquico de servidores DNS. Cada dominio ou subdominio ten unha ou máis zonas de autoridade que publican a información acerca do dominio e os nomes de servizos de calquera dominio incluído. A xerarquía das zonas de autoridade coincide coa xerarquía dos dominios.Ao comezo desa xerarquía atópanse os servidores raíz: os servidores que responden cando se busca resolver un dominio de primeiro e segundo nivel.

Tipos de servidores DNS

editar
  • BIND
  • PowerDNS
  • MaraDNS
  • djbdns
  • pdnsd
  • MyDNS

Tipos de resolución de nomes de dominio

editar

Existen dous tipos de consultas que un cliente pode facer a un servidor DNS:

  • iterativa
  • recursiva

Nas consultas recursivas o servidor repite o mesmo proceso básico (consultar a un servidor remoto e seguir calquera referencia) ata que obtén a resposta á pregunta.

As consultas iterativas, ou resolución iterativa, consisten na mellor resposta que o servidor de nomes poida dar. O servidor de nomes consulta os seus datos locais (incluíndo a súa caché) buscando os datos solicitados.

Cando existe máis dun servidor autoritario para unha zona, BIND utiliza o menor valor na métrica RTT (round-trip time, "tempo de ida e volta") para seleccionar o servidor. O RTT é unha medida para determinar canto tarda un servidor en responder unha consulta.

O proceso de resolución normal dase da seguinte maneira:

  1. O servidor A recibe unha consulta recursiva dende o resolver.
  2. O servidor A envía unha consulta iterativa a B.
  3. O servidor B refire a A outro servidor de nomes, incluíndo a C.
  4. O servidor A envía unha consulta iterativa a C.
  5. O servidor C refire a A outro servidor de nomes, incluíndo a D.
  6. O servidor A envía unha consulta iterativa a D.
  7. O servidor D responde.
  8. O servidor A devolve a resposta ó resolver.
  9. O resolver entrega a resposta ó programa que solicitou a información.

Tipos de rexistros DNS

editar
  • A = Address – (Enderezo) Este rexistro usase para traducir nomes de hosts a enderezos IP.
  • CNAME = Canonical Name – (Nome Canónico) Usase para crear nomes de hosts adicionais, ou alias, para os hosts dun dominio.
  • NS = Name Server – (Servidor de Nomes) Define a asociación que existe entre un nome de dominio e os servidores de nomes que almacenan a información de dito dominio. Cada dominio pódese asociar a unha cantidade calquera de servidores de nomes.
  • MX = Mail Exchange – (Intercambiador de Correo) Define o lugar onde se aloxa o correo que recibe o dominio.
  • PTR = Pointer – (Indicador) Tamén coñecido como 'rexistro inverso', funciona á inversa do rexistro A, traducindo IPs en nomes de dominio.
  1. "RFC 882". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2007. Consultado o 19 de abril de 2007. 
  2. "RFC 883". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 19 de abril de 2007. 
  3. "RFC 1034". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2007. Consultado o 19 de abril de 2007. 
  4. RFC 1035 Arquivado 07 de abril de 2007 en Wayback Machine.)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar