Dolphin (foguete)

Dolphin foi o nome dun foguete estadounidense de probas fabricado por Starstruck e probado en 1984. Foi concibido como un proxecto para desenvolver un foguete sonda de baixo custo.

Dolphin era un foguete experimental no que se probou a propulsión híbrida (polibutadieno como combustible sólido e oxíxeno líquido como oxidante) e se comprobou o concepto de lanzamento desde o mar: o foguete despegaba submerxido, sostido por unha estrutura flotante. Lanzouse un único foguete Dolphin, o 3 de agosto de 1984, chegando a unha altura de 700 m en lugar dos 2400 m previstos debido a un problema nos propulsores. O proxecto, completamente privado, foi cancelado por falta de fondos.

  • Mark Wade (2019). "Dolphin" (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Dolphin" (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar