Abrir o menú principal

Dolores Gortázar Serantes

escritora española
(Redirixido desde "Dolores de Gortázar Serantes")

Dolores de Gortázar Serantes, nada en León en 1872 e finada en Leganés en 9 de abril de 1936,[1] foi unha poetisa, novelista e dramaturga española.

Dolores Gortázar Serantes
Dolores Gortázar.jpg
Nome completoMaría Dolores de Gortázar y Serantes
Nacemento1872
 León
Falecemento9 de abril de 1936
 Leganés
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólica
Alma máterOrde dos Carmelitas Descalzos
Ocupaciónescritora, mestra, xornalista, tradutora, poetisa e historiadora
Cónxuxe1. Fernando Valcárcel y Saavedra
2. Francisco Pol
FillosCarolina Valcárcel y de Gortázar† 7/2/1936
Xénerospoesía, novela, teatro
EstudosMaxisterio
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Filla de xornalista, publicou o seu primeiro poema, moi nova, en La Crónica de León. Despois de enviuvar, estudou Maxisterio en León e en Burgos, que rematou en 1903. Fundou en Madrid a revista feminina de acción católica Roma e o Real Centro de María Cristina, escola de señoritas.

Traduciu do latín ao castelán Arte Poética de Quinto Horacio Flacco, epístola a los Pisones (Epistola ai Pisoni) de Horacio, obra premiada nos xogos florais de León. Escribiu obras teatrais[2] e publicou antigos documentos do mosteiro de San Miguel de Escalada.[3] Foi socia da Asociación de Escritores e Artistas.

ObraEditar

 
La roca del amor, novela, 1924.
  • Arte Poética de Quinto Horacio Flacco, tradución.
  • Devoción a Jesús (1890).
  • Margarita; juguete cómico en un acto y en verso (1890).
  • Nimias, poesía (1898).
  • ¡Sueños!, novela.
  • El Cristo de la roca (1911).
  • Sin color, novelitas.
  • La regeneración de España, estudio político-social.
  • El monasterio de Valvanera. Índices de su Becerro y Archivo a mediados del siglo XVII (1907).[4]
  • El misterio de la Encarnación, relacionado con el arte.
  • Vida de Santa Francisca Romana, viuda de Ponciani.
  • Colección de lápidas inéditas, traducidas do latín ao castelán.
  • San Gonzalo de Escalada, estudo histórico.
  • Poesías patrióticas.
  • ¡Felicidad!, contos.
  • La roca del amor (1924), editorial Rubiños.[5]

NotasEditar

  1. Necrolóxica na hemeroteca do ABC, 10 de abril de 1936, p. 30.
  2. Zamora, A. (1995) Años difíciles: Valle-Inclán y la Fundación San Gaspar Boletín RAE.
  3. J. M. Abascal, R. Cebrián (2006). Manuscritos sobre antigüedades de la Real Academia de la Historia Arquivado 10 de setembro de 2016 en Wayback Machine. pp. 24-25, ISBN 84-95983-73-7
  4. Boletín Real Academia de la Historia, tomo LI, caderno IV, pp. 241-306.
  5. La roca del amor Biblioteca Digital Hispánica. Biblioteca Nacional de España.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar