Dolores Rivas Cherif

Dolores Rivas Cherif, nada en Madrid o 1 de outubro de 1904 e finada en Cidade de México o 30 de abril de 1993, foi a esposa de Manuel Azaña, presidente do goberno e presidente da Segunda República Española, exiliada en México tras a morte do seu marido en Francia en 1940.

Infotaula de personaDolores Rivas Cherif

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 1993 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Cuauhtémoc Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSpanish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Azaña (1929–1940) Editar o valor em Wikidata
IrmánsCipriano Rivas Cherif (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEnrique de Rivas (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Naceu nunha familia da burguesía acomodada madrileña, e criouse no barrio de Salamanca. Filla de Matías Rivas e Susana Cherif. Cóntase con pouca información sobre a súa vida, á parte das referencias nas memorias do seu marido e o seu irmán.[1][2] Muller de conviccións profundas, incluídas as relixiosas, sensible e culta.[3] Coñecida na contorna familiar como Lola, e no exilio mexicano como Dona Lola.

Matrimonio editar

Irmá máis nova do amigo íntimo de Azaña, Cipriano Rivas Cherif, coñécense nas veladas na casa da familia Rivas Cherif. Comezan as súas relacións en 1927. A obra La Corona está dedicada a ela. Cando Azaña confésalle a Cipriano o seu namoramento este está seguro da negativa da súa irmá.[4] Azaña declarouse nun baile de Entroido organizado pola familia Caro-Baroja na súa casa madrileña da rúa Mendizábal. El preséntase vestido de cardeal e ela de dama do Segundo Imperio. casan o 27 de febreiro de 1929. Ela ten 25 anos de idade e el 49, funcionario distinguido do Ministerio de Graza e Xustiza. A voda celebrouse na igrexa dos Jerónimos de Madrid, cun té posterior no hotel Ritz. Viaxe de noivos a París e os Países Baixos.

Acompaña con frecuencia ao seu marido. Está con el cando se asina o Pacto de San Sebastián en 1930, está con el no seu despacho cando se produce a Sanjurjada en 1932. Cando o deteñen en Barcelona en 1934 enseguida desprázase á cidade condal, acompañada polo seu irmán Cipriano e o deputado Mariano Ansó, sendo acosados durante a viaxe en tren por elementos policiais.[5] Pasará un mes antes de que poida velo sen restricións, o 12 de novembro.

Guerra civil editar

Dous días antes do levantamento, o 16 de xullo, fora a visitar a uns sobriños enfermos en Guadarrama. Azaña deu a orde a Cándido de Oliva, secretario xeral da Presidencia, para que fóra a buscala. Mantívose xunto ao presidente en todo momento, en todas as súas residencias oficiais. Tamén estará na residencia do Palacio da Cidadela de Barcelona (1936), Mosteiro de Monserrat, A Pobleta (Valencia) en 1937, leira A Barata, preto de Tarrasa. Tras a derrota da Batalla do Ebro, acompañouno tamén ao castelo de Peralada e outros aloxamentos até a saída definitiva do país.

Durante a súa estancia na residencia da Pobleta (Valencia), en 1937, foille pintado o seu retrato por López Mesquita, conservado no seu domicilio mexicano fronte ao do seu marido.

Primeiro exilio en Francia editar

Acompañou ao seu marido na súa saída ao exilio o 5 de febreiro de 1939, pasando camiñando a fronteira con Francia. Residiron en varios lugares (Collonges-sous-Salève, París, Xenebra, Pyla-sur-Mer) até a súa morte en 1940 en Montauban. Cando en 1940, tras a caída de Francia, Negrín ofrece a Manuel Azaña o seu traslado en barco a Inglaterra, este non acepta ao non haber pasaxe tamén para a súa muller. Será ela quen realice continuas xestións co embaixador de México en Vichy, Luís I. Rodríguez, para materializar a oferta de asilo político do presidente de México, xeral Cárdenas. Ao coñecerse a detención do seu irmán Cipriano, constan cartas de clemencia enviadas por Dolores Rivas Cherif ao Papa Pío XII e ao mismísimo Franco, entre outros moitos.[6]

Existe polémica sobre se no momento da súa morte, Azaña comungou e recibiu a extremaunción. Dolores mandou chamar ao bispo da cidade, monseñor Pierre-Marie Thèas. Os historiadores pon en dúbida as manifestacións do bispo sobre a aceptación voluntaria dos sacramentos, a pesar das profundas conviccións relixiosas da súa muller. Dolores Rivas Cherif negou que o seu marido confesase e comungase no seu leito de morte nunha entrevista concedida en 1985 a TVE, e aclarou que chamou ao bispo en calidade de amigo.[7]

Exilio definitivo en México editar

Posteriormente recibiu asilo político en México, onde residiría até a súa morte en 1993. Chegou ao porto de Veracruz o 23 de xuño de 1941.[8] Disponse de poucos datos sobre os seus longos anos de vida en México, onde se mantivo discretamente apartada da política, aínda que dedicou esforzos a recuperar a obra do seu marido. Unha das poucas pertenzas que puido rescatar na súa precipitada saída de España foron os retratos ao óleo de Azaña e dela, pintados por López Mesquita en 1936, que sempre presidiron o salón da súa casa mexicana. Só unha vez saíu do país, para visitar Francia, onde repousaban os restos do seu marido.

A súa última residencia atopábase na colonia de Cuauhtémoc, ao coidado da súa sobriña Susana Rivas, filla do seu irmán Cipriano.

Morreu aos 89 anos, na súa casa, dun paro cardíaco. A familia mantivo durante unhas horas o suceso en segredo para celebrar unha cerimonia íntima á que asistiron 50 persoas vinculadas ao exilio republicano. Está enterrada no panteón español de cidade de México, xunto ao seu irmán Cipriano.

Recoñecementos durante a transición democrática editar

Dolores Rivas Cherif recibiu algunhas consideracións especiais durante os anos da transición á democracia. Durante a primeira visita a México do Rei Xoán Carlos, en 1978, tras normalizarse as relacións entre ambos países, acudiu á recepción na embaixada española, como unha española máis, onde mantivo un encontro informal. Este acto simbólico de reconciliación e aceptación da nova lexitimidade, considérase importante, e a familia real facíalle chegar un ramo de flores en todas as ocasións en que visitaban o país.

No seu encontro co rei comentoulle que, se o seu marido vivise até 1978, gustaríalle, como a calquera español, ser testemuña da histórica reconciliación dun país que, tras unha sinistra ditadura encabezada polo xeral Franco, até pouco antes desa data parecía irreconciliable.[9]

Recibiu unha medalla de prata conmemorativa da Constitución Española de 1978, enviada polo presidente do Congreso dos Deputados,[10]

En 1978 o goberno español concedeulle unha pensión de viuvez correspondente ao 40% do soldo dun xefe do Estado, ao redor de dous millóns de pesetas ao ano. Até entón, vivira practicamente da axuda familiar e mesmo dalgúns traballos caseiros, que, sobre todo nos primeiros anos do exilio, axudáronlle a saír adiante.

Constan tamén contactos cos presidentes Leopoldo Calvo-Sotelo e Felipe González nas súas visitas ao país.[9]

En 1982 recibiu unha medalla conmemorativa da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, símbolo do mérito da muller exiliada.[11] O galardón recolleuno o embaixador de España en México, Emilio Casinello.

Aínda que nunca chegou a velos, o ministro do Interior, José Barrionuevo, púxose en contacto con ela para comunicarlle o achado dos arquivos do seu marido, atopados en 1984 nuns calabozos policiais de Madrid.[9] No entanto ela decidiu que quedasen custodiados polo estado.

Desde 1991 dispuña de pasaporte diplomático que lle entregou persoalmente no seu domicilio o embaixador, Alberto Aza, pola súa condición de viúva de xefe de Estado.

Notas editar

  1. Azaña, Manuel. Memorias políticas y de guerra. Crítica, 1981
  2. Rivas Cherif, Cipriano. Retrato de un desconocido: vida de Manuel Azaña. México: Oasis, 1961
  3. Navarro, Julia. Doña Lola». En: Señora presidenta. Barcelona: Plaza & Janés, 1999, pp. 75-88
  4. José María Marco, Manuel Azaña: una biografía, Planeta, 1998
  5. Ansó, Mariano (1976). Yo fui ministro de Negrín. Memorias ineludibles. Planeta. p. 66-68. ISBN 84-320-5621-9. 
  6. Solé Mariño, José María. Azaña, el ocaso de un presidente. Historia 16, Año IX, nº 96, abril 1984, pp. 11-24
  7. "Mujeres para una época, TVE.". 
  8. Registro Nacional de Extranjeros en México. Ficha personal de Dolores Rivas Cherif Movimientos migratorios iberoamericanos. Portal Pares. Ministerio de Cultura
  9. 9,0 9,1 9,2 "Dolores de Rivas, viuda de Manuel Azaña fallece en México a los 89 años" El País, 2 de maio de 1993
  10. Entrevista en la serie documental "Mujeres para una época". TVE, 7 de maio de 1985, min. 2:54
  11. "Dolores Rivas Cherif" El País, 17 de setembro de 1982 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Navarro, Julia. «Doña Lola». En: Señora presidenta. Barcelona: Praza & Janés, 1999, pp. 75-88

Ligazóns externas editar