Dolores Delgado
Dolores Delgado García, nada en Madrid o 9 de novembro de 1962, é unha fiscal española, actual Fiscal Xeral do Estado.
Traxectoria editar
Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM), cursou tamén un máster impartido pola Escola de Práctica Xurídica de Madrid e a Universidade Complutense. Gañou unha praza de fiscal por oposición en 1989. Traballou como fiscal no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (1989-1993), na Fiscalía Especial Antidroga, e, desde 1993, na Audiencia Nacional.
Próxima a Baltasar Garzón, é experta na loita contra o terrorismo xihadista. En 2013 mostrouse en contra da entrega a Suíza do informático francoitaliano Hervé Falciani. Delgado, que participou como fiscal no caso de Adolfo Scilingo, mostrouse contraria a recortes ao principio de xustiza universal. Membro da Unión Progresista de Fiscais, en abril de 2018 converteuse en vogal do Consello Fiscal.
Ministra de Xustiza editar
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Xustiza do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. Cesou o 13 de xaneiro de 2020, sendo substituída por Juan Carlos Campo.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolores Delgado |