Dogmatismo
O dogmatismo é unha posición que supón a total submisión a certos principios ou á autoridade que os postula. Estes principios son aceptados totalmente, como unha verdade incuestionable, sen a menor crítica ou autocrítica e sen ningunha xustificación . É a posición máis antiga e primixenia da humanidade tanto no sentido psicolóxico como no histórico.
A corrente oposta ao dogmatismo sería o escepticismo, que esixe evidencias obxectivas para as afirmacións.
Etimoloxía
editarA palabra "dogma" (δόγμα), de orixe grego, significa "doutrina fixada". Para os primeiros filósofos significou "opinión".
Formas de dogmatismo
editarO dogmatismo pódese interpretar de tres formas:
- Como o fai o realismo inxenuo, que considera que as cousas se poden coñecer de forma intrínseca e que tamén este coñecemento é efectivo para o trato cotián e directo das cousas.
- Como a total e absoluta confianza nunha forma de coñecemento como a razón.
- Como a total aceptación sen exame persoal dos principios que a autoridade impón. Con todo, a falta de exame persoal tamén se observa en certos filósofos escépticos.
O dogmatismo absoluto do realismo inxenuo non existe na filosofía, xa que esta sempre se pregunta acerca do ser verdadeiro e búscao a través dun exame crítico da aparencia. Isto sucede no dogmatismo dos primeiros pensadores gregos e tamén no dogmatismo racionalista do século XVIII, que termina dándolle gran confianza á razón, despois de sometela a exame.
Como posición gnoseolóxica, o dogmatismo está en contra do criticismo, máis que o escepticismo. Esta oposición foi advertida por Kant, que despois da crítica de Hume, proclama a súa liberdade do soño dogmático e opón a crítica da razón pura, ao dogmatismo na Metafísica. Entón, o dogmatismo é o procedemento dogmático da razón pura, sen unha previa crítica do seu propio poder.
A oposición entre dogmatismo e escepticismo cobra sentido en Comte, ao considerar estas dúas actitudes, non só como posicións fronte ao problema do coñecemento, senón como formas últimas da vida humana. O ser humano pode existir nun dos dous estados. O estado escéptico é un tránsito desde un dogmatismo anterior a un dogmatismo novo.
O realismo sostén que os universais existen realmente e son reais. Para o realismo inxenuo o coñecemento é unha copia exacta da realidade; oponse ao idealismo, e esta oposición é propia da época moderna, como ocorreu con Descartes, con Kant e o idealismo alemán, ao soster que a conciencia impón á realidade certas categorías "a priori" e o que importa no coñecemento non é o posto polo suxeito senón o coñecemento do dado.
Aparición do dogmatismo
editarAntigamente non existían as reflexións epistemolóxicas, para Kant, o dogmatismo é a posición que cultiva a metafísica e asegura a posibilidade do coñecemento metafísico a través dela, sen unha análise crítica previa sobre esta facultade. Durante o Concilio de Trento a palabra "dogma" adquiriu unha connotación relixiosa, utilizada para referirse ás verdades enunciadas por Deus e recoñecidas pola Igrexa, que forman parte do pensamento de todo creente.
O dogmatismo foi o piar a partir do cal as sociedades antigas se formarían, xa que se aceptaban uns principios incondicionalmente sen discrepar por ignorancia ou por respecto cara a unha autoridade. Estes preceptos guiaban a unha sociedade fundada nuns valores.
Representantes
editarTales de Mileto
editarTales de Mileto cría atopar o principio básico (arjé), sinalando a auga como principio de todas as cousas. Pero este principio non é só o fundamento das cousas, é o principio da vitalidade, de todo o vivente.
Heráclito
editarHeráclito pensaba que nada permanece nun ser, "Non se pode bañar un dúas veces no mesmo río", as augas pasaron, outras hai en lugar das primeiras, e nós mesmos somos outros. Para Heráclito, o arjé non sería a auga nin o ápeiron, sería o devir. "Ningún ser humano nin divino fixo este mundo, senón que sempre foi, é e será eternamente lume vivo que se encende segundo medida e segundo medida apágase".
Anaxímenes de Mileto
editarAnaxímenes de Mileto oponse a Tales en canto á determinación dun arjé ou primeiro principio, o cal considera que é o aire. Esta elección foi tomada seguramente a partir da experiencia, influíndo na observación dos seres vivos e a importancia do fenómeno da respiración, en canto toma como arjé un elemento particular. Ofrécenos un mecanismo de explicación da xeración das cousas a partir doutro elemento distinto a elas.