Dixestión por sialidase

O método da dixestión por sialidase é un método moi similar ó da diastase en canto a fundamento. Consiste en eliminar, mediante o uso dun enzima, ó glicóxeno do tecido evitando así a súa tinguidura.

Fundamento editar

A sialidase, tamén coñecida coma neuraminidase, é un enzima que cataliza a hidrólise de enlaces alfa-2,3, alfa-2,6 e alfa-2,8 (a unha velocidade decrecente, respectivamente) dos residuos siálicos terminais de oligosacáridos, glicoproteínas, ácido colomínico e substrato sintético. Actúa sobre o glicóxeno descompoñéndoo, e así eliminándoo do tecido como tal, polo que non é tinguido.

Tecido control e diana editar

Calquera tecido que conteña glicóxeno (ou mucopolisacáridos en xeral).

Para fixar a mostra é común a utilización de formol 10%, formol-alcohol ou líquido de Carnoy. Non se utiliza o líquido de Zenker ou o de Helly. O líquido de Bouin elimina as sialomucinas dos tecidos, polo que tampouco se utiliza.

O medio de inclusión preferible é a parafina, e o grosor de corte de 4 a 6 micrómetros.

Reactivos editar

  1. Solución Estabilizadora A
    1. 26,2 gr Acetato de sodio
    2. 8,9 gr Cloruro de calcio
    3. 200 cc Auga destilada
  2. Solución Estabilizadora B
    1. 26 gr Acetato de sodio
    2. 0,8 gr Cloruro de calcio
    3. 200 cc Auga destilada
  3. Solución de sialidase para dixestión
    1. 1 cc Sialidase
    2. 0,1 cc Solución estabilizadora A

Procedemento editar

  1. Desparafinar e hidratar 2 láminas ata chegar á auga destilada; unha lámina será sometida ó proceso de dixestión, a outra non.
  2. Circundar as seccións de tecido nas láminas cun marcador de diamante.
  3. Secar as láminas ó aire, polo menos 2 horas (o ideal sería deixalo toda a noite).
  4. Colocar as láminas sobre variñas de cristal nunha cubeta que pode ser cuberta, para previr o secado da solución de sialidase, cun papel toalla humedecido no fondo.
  5. Cubrir a lámina marcada para dixestión coa solución de sialidase. Cubrir a lámina que non foi dixerida con solución estabilizadora B.
  6. Ámbalas dúas láminas deben permanecer cubertas por 3 horas a temperatura ambiente, para así previr o secado da solución para a dixestión.
  7. Enxaugar con auga destilada.
  8. Continuar co procedemento de tinguido do mucopolisacárido solicitado.
  9. Este tinguido pode realizarse, por exemplo, con Azul–Alcián, aínda que o ferro coloidal é máis sensible como detector de sialomucinas.

Resultados editar

  • O tinguido atribuído ás mucinas salivares será eliminado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP). 
  • Sheehan, Dezna; Hrapchak, Barbara (1980). Theory and practice of Histotechnology. The C.V. Mosby Company (2 Ed ed.). 

Ligazóns externas editar