División de Honra de Rugby 1980-1981

tempada 1980-81 da División de Honra de Rugby de España

A tempada 1980-1981 da Liga Nacional de rugby foi a décimo cuarta edición da máxima categoría do rugby en España, e a terceira cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 30 equipos. O calendario da competición estivo formado por un número variable de xornadas dependendo do grupo. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o Club Deportivo Arquitectura de Madrid.

División de Honra
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos30
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

Sistema de puntuación editar

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificacións editar

Primeira Fase editar

Superliga editar

  División de Honra — Tempada 1980/81 - Superliga
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1   CD Arquitectura 9 3 3 0 0 155 24
2   Hernani CRE 7 3 2 0 1 61 52
3   RC Valencia 5 3 1 0 2 57 53
4   CR Ciencias 3 3 0 0 3 19 163

En azul      o equipo campión (1º).

O Club Deportivo Arquitectura acadou o campionato nacional de liga, con 42 puntos no grupo Centro e 9 puntos na Superliga, totalizando 17 vitorias en 17 encontros. Foi o 4º título de liga para o club madrileño.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar