División de Honra da LNFS 1999-00

A tempada 1999-00 da División de Honra da LNFS foi a 11ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 11 de setembro de 1999 e rematou o 18 de xuño de 2000 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o primeiro título de liga na historia desta competición a prol do Playas de Castellón FS.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular editar

Eliminatorias polo título editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Playas de Castellón  2
  8 Café Dry Fiat Torrejón  0  
  1 Playas de Castellón  2
    5 Airtel Boomerang  0  
  4 ElPozo Murcia  1
  5 Airtel Boomerang  2  
  1 Playas de Castellón  3
    3 CLM Talavera  0
  2 Caja Segovia FS  2
  7 Ourense FS    0  
  2 Caja Segovia FS  1
    3 CLM Talavera  2  
  3 CLM Talavera  2
  6 O Parrulo Indunor    0  


O Playas de Castellón FS proclamouse campión desta edición 1999-00 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar