Distrito de Vlorë

Vlorë
Capital Vlorë
Condado Vlorë
Poboación 147.267 habitantes
Censo abril de 2001
Área 1.609 km²
Densidade 91,53 hab/km²
Mapa
AlbaniaVlore.png

O Distrito de Vlorë (en albanés: Rrethi i Vlorës) é un dos 36 distritos de Albania localizado no suroeste do país, na prefectura de Vlorë. A súa capital é a cidade de Vlorë. Outras importantes localidades son Himarë e Orikum.

A súa poboación inclúe etnias non albanesas, especialmente gregos.

Vlorë é o punto de Albania máis próximo á península italiana, tendo moita sona a súa costa.