Distrito Nebbi

Nebbi District é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así pola súa cabeceira, Nebbi.

Localización do distrito en Uganda

Coordenadas: 02°27′N 31°15′L / 2.450, -31.250

Limita co Distrito Arua polo norte, co Distrito Amuru polo nordeste, co Distrito Nwoya polo leste, co Distrito Bulisa polo sueste, coa República Democrática do Congo polo sur e co Distrito Zombo polo oeste.[1] Nebbi, a súa cabeceira, atópase aproximadamente a 77 km ao sueste de Arua, o pobo principal da subrexión.[2]

O distrito divídese en dous condados: Padyere e Jonam. No ano 2010, o condado de Okoro separouse do Distrito Nebbi para formar o Distrito Zombo. Hai un pequeno aeroporto preto de Nebbi, que se pode alcanzar cun voo desde o aeroporto de Entebbe.

Hai unha catedral católica en Nebbi, e a diocese anglicana ten base en Goli, unha poboación situada na fronteira coa República Democrática do Congo, a uns 15 km ao sur de Nebbi. O primeiro bispo da diocese anglicana de Nebbi foi Henry Luke Orombi. O primeiro bispo católico foi John Baptist Odama.

A etnia predominante do distrito son os alur. O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito, como é tras o 2010, de aproximadamente 226.310 habitantes. A taxa de crecemento estimouse nun 2.5% no 2002,[3] polo que a poboación no 2010 sería de 324.500 habitantes.

A agricultura e a gandaría, así como a pesca no lago Alberte e no río Nilo Branco, así como nos ríos Nyagak e Namrwodho, son as principais actividades económicas do distrito.[4]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar