Kween District é un distrito da Rexión Leste de Uganda. A poboación capital atópase en Binyiny, unha das dúas municipalidades do distrito.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Kween

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°25′N 34°31′L / 1.42, 34.52Coordenadas: 1°25′N 34°31′L / 1.42, 34.52
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalBinyiny (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-228 Editar o valor em Wikidata

Limita co Distrito Nakapiripirit polo norte, co Distrito Amudat polo nordeste, co Distrito Bukwa polo leste, coa República de Kenya polo sur, co Distrito Kapchorwa polo oeste e co Distrito Bulambuli polo noroeste.

O distrito comezou a funcionar como tal o 1 de xullo de 2010,[1] anteriormente formaba parte do Distrito Kapchorwa. Conxuntamente co Distrito Kapchorwa e co Distrito Bukwa, forma parte da subrexión Sebei. Atópase ao norte do Monte Elgon, a unha altitude media de 1.900 msnm.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 67.171 habitantes.[2]

Está cruzado pola Autoestrada Mbale-Moroto na súa zona oeste, con dirección norte-sur.

  1. Kween District Established In 2010
  2. "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar