Distrito Kayunga
Kayunga District é un distrito da Rexión Central de Uganda, que debe o seu nome a súa capital, Kayunga.
Epónimo | Kayunga (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Central (pt) | ||||
Capital | Kayunga (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 358.700 (2012) (226.023,94 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Ruuli (en) Língua langu (pt) Kenyi (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,587 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-112 | ||||
Páxina web | kayunga.go.ug |
Limita co Distrito Amolatar polo norte, co Distrito Buyende polo nordeste, co Distrito Kamuli polo leste, co Distrito Jinja polo sueste, co Distrito Buikwe polo sur, co Distrito Mukono polo suroeste, co Distrito Luweero polo oeste e co Distrito Nakasongola polo noroeste.
O Distrito Kayunga naceu do Distrito Mukono en decembro do ano 2000. Consiste en dous condados, Bbaale e Ntenjeru, e un só un concello, a propia Kayunga.
Segundo o censo do ano 2002, Kayunga tiña unha poboación total de 297.081 habitantes, cunha alta porcentaxe (93,7%) vivindo no rural. A agricultura é o piar principal da actividade económica do lugar, que emprega ao 90% da poboación.
En setembro de 2009, Kayunga quixo separarse do reino tradicional de Buganda, co que o rei de Buganda intentou visitar a zona, mais o goberno de Uganda prohibiullo, provocando revoltas en Kampala.[1] Nos sucesos morreron un total de trinta persoas.
Notas
editar- ↑ Kampala hit by renewed violence, BBC, 11 de setembro de 2009
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información sobre o Distrito Kayunga Arquivado 01 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)