Distrito Kampala

Kampala District é un distrito da Rexión Central de Uganda, que ocupa o que é a capital do país, Kampala. A principal lingua do lugar é o luganda, aínda que se poden oír moitas outras linguas como o inglés, o suahili, o runyankole/rukiga, o acholi ou o lusoga.

Localización do distrito en Uganda

Coordenadas: 00°19′N 32°35′L / 0.317, -32.583

O distrito atópase dentro do Reino de Buganda. Limita polo sur, oeste e norte co Distrito Wakiso, e polo leste co concello de Kira.

Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación de aproximadamente 1 189 100 habitantes,[1] estimándose a súa poboación para o 2011 de 1 659 600 habitantes.[2]

Divisións administrativasEditar

O distrito subdivídese en cinco divisións administrativas:

  • Kampala Central
  • Kawempe
  • Nakawa
  • Makindye
  • Lubaga

NotasEditar

  1. 2002 and 2010 Population Estimates for Kampala
  2. "2011 Estimated Populations of Ugandan Cities And Towns" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 03 de decembro de 2011.