Abrir o menú principal

Distrito Capital Nacional de Papúa Nova Guinea

Localización do National Capital District.
Bandeira do National Capital District

O Distrito da Capital Nacional (National Capital District) da Papúa Nova Guinea é a área administrativa onde se localiza Port Moresby, a capital da Papúa Nova Guinea. Ten unha superficie de 240 km² e unha poboación de 254.158 habitantes (censo de 2000). A pesar de estar rodeada pola Provincia Central, da cal Port Moresby é tamén capital, non é tecnicamente parte desta.