Abrir o menú principal

Discharge é unha banda inglesa de hardcore punk formada en 1977 por Terence "Tezz" Roberts e Royston "Rainy" Wainwright. A pesar de que o grupo pasou por bastantes cambios de compoñentes ao lando da súa carreira, a súa formación clásica de principios dos 80 estaba formada por Wainwright no baixo, o batería Gary Maloney, Anthony "Bones" Roberts na guitarra, e o vocalista Kelvin "Cal" Morris (tamén coñecido como "Cal Voice").

Discharge
Discharge2.jpg
Discharge no 2006.
OrixeStoke-on-Trent, Inglaterra Inglaterra
Período19771987
19911999
2001 – presente
Xénero(s)d-beat, hardcore punk, heavy metal, crossover thrash, punk rock, crust punk
MembrosRoyston "Rainy" Wainwright
Anthony "Bones" Roberts
Terence "Tezz" Roberts
David "Proper" Caution
Jeff "JJ" Janiak
Páxina webWeb oficial

A banda caracterízase polo seu enfoque minimalista á música e ás letras, un son de guitarra, pesado, distorsionado e afiado e cruas voces berradas semellantes a un discurso político, con letras que falan de anarquismo o pacifismo. O disco de estrea de Discharge, Hear Nothing See Nothing Say Nothing, foi número 2 na lista indie británica e 40 na de álbums. A principios dos 80, numerosos sinxelos e EPs seus estiveron no top 10 das listas indie británicas, como o EP de 1981 Why? (#1) e o sinxelo de 1982 "State Violence State Control".

Hear Nothing See Nothing Say Nothing pavimentou o camiño para o thrash metal, o black metal, o crust punk, o grindcore e varios subxéneros de metal extremo. O xénero musical d-beat foi chamado así por Discharge e o seu distintivo ritmo de batería.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar