Dirty Dancing é unha longametraxe de xénero romántico con números de baile. Estreouse en 1987 e está escrita por Eleanor Bergstein e dirixida por Emile Ardolino. Acadou un importante éxito comercial e considerase un clásico da década dos oitenta. O intérprete masculino do filme é Patrick Swayze. Estreouse en galego na TVG o 7 de maio de 2011.[2]

Dirty Dancing
Ficha técnica
Título orixinalDirty Dancing
DirectorEmile Ardolino
ProdutorLinda Gottlieb
GuiónEleanor Bergstein
IntérpretesPatrick Swayze
Jennifer Grey
Jerry Orbach
Cynthia Rhodes
MúsicaJohn Morris
Erich Bulling
FotografíaJeffrey Jur
MontaxePeter C. Frank
DistribuidoraVestron Pictures
Estrea 21 de agosto de 1987
Galicia 7 de maio de 2011 (TVG)
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAmor
Orzamento$6 000 000[1]
Recadación$213 954 274
Filme seguinteDirty Dancing: Havana Nights
Na rede
IMDB: tt0092890 Filmaffinity: 287124 Allocine: 39225 Rottentomatoes: m/dirty_dancing Mojo: dirtydancing Allmovie: v13874 TCM: 18187 Metacritic: movie/dirty-dancing TV.com: movies/dirty-dancing Netlix: 445386 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Johnny Castle é un profesor de baile con certa experiencia profesional. Baby Houseman, pola súa banda, é unha idealista e inocente moza. Durante a estadía de Baby no hotel de montaña no cal Johnny traballa polo verán como bailarín e profesor, coñécense.

Dende a primeira vez que Baby ve a Johnny, sente atracción por el a pesar das diferenzas entre os dous. Paseniñamente diversas situacións e a intención de Baby de axudar a Johnny e maila súa compañeira de baile fan que os dous se acheguen cada vez máis un ao outro. O baile axuda a crear unha atmosfera de complicidade.

Personaxes

editar

Premios

editar
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Dirty Dancing na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar