Dire Dawa
Dire Dawa (en amhárico: ድሬ ዳዋ, en oromo: Dirre Dhawaa, lit. "Lugar de remedio",[1] en somalí: Diridhaba, en árabe: ديري داوا[2]) é unha das dúas cidades de Etiopía que gozan dun status especial (astedader akabibi), sendo a outra a capital, Adís Abeba. Segundo estimacións de 2008, Dire Dawa tiña unha poboación de 440 000 habitantes, o que a converte na segunda maior cidade de Etiopía.
Diridhabe (so) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Etiopía | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 277.000 (2015) (228,36 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua somalí Língua harari (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.213 km² | ||||
Altitude | 1.276 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1902 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ET-DD | ||||
Páxina web | web.archive.org… |
A cidade é un centro industrial, dispón de varios mercados e un aeroporto internacional. Dire Dawa atópase no leste do país, a beiras do río Dechatu e ós pés dun anel de desfiladeiros.
En outubro de 2016 inaugurouse o ferrocarril Adís Abeba-Djibuti que ten parada en Dire Dawa. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti no golfo de Adén, achegando acceso ferroviario ó mar a Etiopía. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ó antigo ferrocarril de vía métrica, que foi abandonado en 2006 e que foi construído polos franceses entre 1894 e 1917.
Notas
editar- ↑ Kefale, Asnake. "Ethnic Federalism and Conflict Management in Ethiopia: The Case of Dire Dawa" in Luc Sindjoun (ed.)'s The Coming African Hour: Dialectics of Opportunities and Constraints, p. 209. Africa Institute of South Africa (Pretoria), 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ academies, prepared by a number of leading orientalists ; edited by an editorial committee consisting of H.A.R. Gibb ... [et al.] ; under patronage of the international union of (2009). Encyclopaedia of islam (Nova ed.). Leiden: E.J. Brill. ISBN 9789004161214.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dire Dawa |
Bibliografía
editar- Bekele, Shiferaw (1989). Aspects of the History of Dire Dawa (1902-1936)
- Imbert-Vier, S. (2011). Tracer des frontières à Djibouti: Des territoires et des hommes aux XIXe et XXe siècles; p. 116
- Pankhurst, R. (2010). Who were the 'Young Ethiopians' (or Young Abyssinians): An historical inquiry. Education Issue, Vol. 2, no.2, p: 129
Ligazóns externas
editar- Páxia oficialArquivado 05 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en amhárico) (en oromo) (en somalí)