Celeiro (documento)

documento máis antigo conservado na Península
(Redirección desde «Diploma do rei Silo»)

Celeiro ou o diploma do rei Silo é o documento en pergamiño considerado como o máis antigo que se conserva na Península Ibérica, malia algún estudo chegar á conclusión de que é unha copia do IX ou X.[1] Fai referencia a unha doazón que o rei Silo lles fai a cinco frades para construíren unha igrexa[2]. O documento está confirmado polos reis Afonso II, Ramiro I, Ordoño I e Afonso III.

Celeiro
Arquivo da Catedral de León
Tamén coñecido comoDiploma do rei Silo
Data775
Lugar de orixeReino de Galicia
Lingua(s)latín
Materialpergameo
Dimensións0,50 × 0,14 cm
modificar datos en Wikidata ]
Reverso do documento.

Pergamiño editar

O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:

  • 495×110/140 mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.
  • No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Atado 9º.

Descrición editar

Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.

... in cellarium[3] nostro q. est inter iube et masoma[4] inter ribulum alesancia et mera locum que dicitur lucis determinatum de ipsa uilla ubi ipse noster mellarius habitauit espasaudus et per illum pelagum nigrum[5] et justa montem que dicitur farum et per illas sasas aluas[6] et perilla lacuna usqua in alia lacuna est usque ad petra ficta[7] et per illa lagenam[8] et per ipsum uillare que dicitur desiderii et per illum arogium que dicitur alesanciam et per alia petra ficta q. stat in montem super tabulata[9] per ipsa strata q. sclude terminum usque in locum que dicitur arcas et arogium que dicitur comasio cum omnen exitus et regreso castros duos...
Fragmento tirado da obra Crónica General del Reino de Galicia de Amor Meilán (tomo dedicado a Lugo)

Notas editar

  1. Pacheco Sampedro 2001, p. 170.
  2. Bieito Ledo (editor), Diccionario Enciclopédico Galego Universal, tomo 14, Ir Indo, 2003, páx. 102
  3. cellarium > celeiro ou ben Celeiro de Mariñaos, Barreiros
  4. Iube et Masoma > Eo e Masma
  5. pelagium nigrum > Pozo Negro ou Pélago, Pelamio, corresponde a Piago Negro, Sante, Trabada
  6. sasas aluas < saxas albas = acostúmase traducir "Pedras Albas", en Covelas, Ribadeo
  7. petra ficta > pedra fita
  8. lagenam > "laxe, laxa"
  9. tabulata > tab'lata > tabrada > Trabada)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar