Un dioptro[1] é un sistema óptico formado por unha soa superficie que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.

O concepto de dioptro é útil á hora de formular os principios básicos da óptica xeométrica, xa que calquera punto do dioptrio pode tomarse como eixe óptico do sistema.

O dioptro pode ser plano ou esférico, segundo sexa a superficie.

  • Un dioptro esférico é unha superficie esférica que separa dous medios transparentes de diferente índice de refracción. O estudo do dioptrio esférico ten especial importancia na óptica xeométrica debido a que nos espellos e nas lentes, os compoñentes fundamentais dos instrumentos ópticos, a luz compórtase seguindo leis similares ás do dioptro esférico.

Segundo o signo do raio de curvatura, pódense distinguir dioptros esféricos convexos, r>0, e cóncavos, r<0.

  • Un dioptro plano é unha superficie plana que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.

Nun dioptro perfecto a lei de Snell para a refracción da luz pode reformularse en función da posición dun obxecto s e do lugar onde se forma a súa imaxe . A expresión que relaciona estas dúas distancias coñécese como invariante de Abbe (en honor a Ernst Abbe).

Esta expresión é:

,

onde n e n' son os índices de refracción dos dous medios e r é o raio de curvatura do dioptro.

Unha lente pode construírse mediante a unión de dous dioptros de diferente ou igual curvatura. A ecuación de lentes delgadas dedúcese a partir da refracción da luz en dous dioptros.

Notas editar

  1. Termo Arquivado 15 de abril de 2018 en Wayback Machine. no dicionario DiGalego de Ir Indo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar