Diocese católica latina de Urgell

(Redirección desde «Diocese de Urgell»)

A diocese de Urgell (en latín: Dioecesis Urgellensis) é un bispado da Igrexa Católica, sufragáneo da arquidiocese de Tarragona. En 2004 contaba con 178.295 bautizados sobre unha poboación de 184.395 habitantes. O actual bispo da diocese é Joan Enric Vives i Sicília.

Mapa da Diocese de Urgell.
Catedral de la Seu d'Urgell.

Territorio editar

A diocese comprende parte da provincia de Lleida (Cataluña) e o principado de Andorra. A sé episcopal está en La Seu d'Urgell. O territorio está dividido en nove arciprestados e 363 parroquias.

Historia editar

A diocese erixiuse no século IV. O primeiro bispo do que se teñen noticias, San Xusto, participou no concilio de Toledo (531) e no de Lleida e València (546). A sucesión episcopal non se interrompeu durante a invasión árabe (714). O bispo Félix (783-792) foi acusado de adopcionismo polos teólogos carolinxios e foi deposto e exiliado a Lión. En 1010 na localidade de Ivorra ocorreu un famoso milagre: mentres o párroco Bernat Oliver, que dubidaba sobre a transubstanciación, estaba a celebrar a consagración, o viño se transmutou en sangue vivo. O bispo San Ermengol informou inmediatamente do milagre ao papa Serxio IV. Recolléronse reliquias do milagre nun relicario en 1426 e en 1663 construíuse un santuario.

A partir do século X e até o século XIII os bispos de Urgell acumularon un importante patrimonio de señorío, comportándose plenamente como señores feudais da época. Dende o 8 de setembro de 1278 os bispos de Urgell son tamén Copríncipes de Andorra xunto cos sucesivos condes de Foix primeiro e, por sucesión, cos reis de Navarra, sucedidos polos reis de Francia e, actualmente, polos Presidentes da República Francesa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar