Diocese católica latina de Rarotonga

(Redirección desde «Diocese de Rarotonga»)

A diocese de Rarotonga é unha diocese católica nas Illas Cook, sufraxánea da arquidiocese de Suva. No ano 2004 contaba con 2.519 católicos distribuídos en 15 parroquias e servidos por 6 sacerdotes regulares.

Historia

editar

A primeira igrexa católica nas Cook consagrouse en 1896[1]. Eclesiasticamente erixiuse como a prefectura apostólica de Cook e Mnihiki en 1922 cambiando de nome en 1926 a prefectura apostólica das Illas Cook, en 1948 transformouse en vicariato apostólico e elevada definitivamente a diocese en 1966.

Educación

editar

A diocese mantén dous colexios de primaria: Saint Josephs en Rarotonga e Saint Marys en Mauke e un instituto de secundaria, o Nukutere College en Rarotonga

Igrexas

editar

A catedral da diocese está dedicada a San Xosé e localízase en Avarua onde ten a súa sede o bispo, ademais están abertas ao público dúas igrexas en Rarotonga Santa María en Arorangi e a do Sagrado Corazón en Matavera

Episcopoloxio

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar