Dinky
O termo DINKY ou dinki é un acrónimo acuñado no Reino Unido nos anos 80 polo sociólogo Millward Brown [1] que corresponde ás palabras inglesas "double income, no kids yet" (en galego "dobre salario, sen fillos aínda"). Utilízase para referirse ao grupo social constituído por parellas de entre 25 e 35 anos, con ingresos elevados e que delongan a súa paternidade de forma indefinida para poderen adicarse ás súas carreiras laborais.
Duración e causas
editarA etapa dinki pode considerarse nalgúns casos coma un período de transición antes de optar por ter un fillo, ou ben pode converterse nunha forma permanente de vida en parella. A aparición desde fenómeno está asociada con distintas causas, coma poden ser certas motivacións ideolóxicas (o ambientalismo, a preocupación pola superpoboación mundial) ou o cambio de roles que tivo lugar na sociedade nas últimas décadas.[2]
Perfil das parellas
editarSegundo estudos sociolóxicos, as parellas dinkies caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a viaxar e invisten máis cartos en afeccións culturais que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do alugueiro é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda.[3]
Esta filosofía de vida, que se dá tanto en parellas homosexuais coma heterosexuais, é en ocasións duramente criticada pola Igrexa católica, por considerala unha visión egoísta, que propicia o consumismo e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares.[2]
Notas
editar- ↑ "Artigo sobre parellas dinki". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009.
- ↑ 2,0 2,1 "Información en blog sobre parellas dinki". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2009.
- ↑ "Noticia sobre dinkies". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009.