Unión Ibérica

(Redirección desde «Dinastía Filipina»)
Escudo da República Portuguesa
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

Portugal baixo a casa de Austria —denominado pola historiografía portuguesa como dinastía filipina — en grafía portuguesa dinastia filipina,[1] dinastia dos Habsburgo, ou terceira dinastía— é o período histórico comprendido entre 1580 e 1640 no que Portugal constituíu unha unión dinástica aeque principaliter xunto cos demais dominios que compuñan a Monarquía Hispánica baixo o mesmo soberano de casa de Austria.

Historia

editar

No ano 1580, os Habsburgo chegaron ao trono portugués após a crise sucesoria desencadeada tras a morte sen descendencia do rei Sebastián I de Portugal na batalla de Alcazarquivir. Filipe II de España foi recoñecido como rei Filipe I de Portugal nas Cortes de Tomar, Santarém, en 1581. Con todo, a idea de Portugal de perder a súa independencia levou ao inicio dunha revolución liderada polo Prior de Crato, quen proclamou a súa soberanía en 1580 e gobernou até 1583 na illa Terceira, nos Azores.

O Prior de Crato foi derrotado co apoio da burguesía e da nobreza tradicional, despois de que o rei Filipe se comprometese a respectar as fortalezas, costumes e foros dos portugueses, a manter os cargos na administración central e local e persoal das guarnicións, e a frota de Guinea e da India portuguesa.

Nas Cortes estiveron presentes todos os procuradores das vilas e cidades portuguesas, excepto os dos Azores, que permaneceron leais a Prior de Crato, rival pretendente ao trono derrotado por Filipe II.[2]

Monarcas da Dinastía Filipina

editar

Chamada así porque foi comezada por Filipe I de Portugal e II de Castela e Aragón, e todos os monarcas descendentes del se chamaron Filipe, até a restauración da independencia do Reino de Portugal en 1640.

Extensión

editar
 
Mapa dos territorios do rei de Filipe I de Portugal e II de Castela e Aragón (España) en 1598. Inclúe os territorios adscritos ao Consello de Castela (verde), Consello de Aragón (laranxa), Consello de Portugal (azul), Consello de Italia, Consello de Indias e Consello de Flandres abarcando os territorios disputados coas Provincias Unidas.

Durante a súa existencia, a extensión do bloque territorial ibérico chegou a converterse no imperio máis dilatado do seu tempo.

Os monarcas da Dinastía Filipina gobernaron sobre unha extensa superficie do mundo que abarcaba desde as Indias de América até o extremo oriente de Asia, incluíndo factorías en África e a India.

O imperio foi chamado Unión Ibérica ou Imperio Ibérico,[2] e repetiuse o lema do imperio onde non se pon o Sol.

 
Escudo dos reis da casa de Austria, tamén como soberanos de Portugal. Cómpre destacar as armas do Reino de Portugal, no chamado punto de honra, entre as de Castela-León e Aragón-Sicilia.

O imperio onde nunca se pon o Sol

editar

O lema popularizouse na Dinastía Filipina, pero fora ferido antes a Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e rei de Castela e de Aragón, e dito por Xerxes I antes da Segunda guerra médica, recollido nas Historias de Heródoto.[3][4]

En 1585, Giovanni Battista Guarini escribiu "Il pastor fido" para celebrar o matrimonio de Catarina Michelle, filla de Filipe II, con Carlos Emanuel I, duque de Savoia. Na súa dedicatoria, Guarini dicía: "Filla do Monarca onde o Sol nunca se pon".[5]

No inIcio do século XVII, a frase era familiar para Thomas Urquhart, que escribiu "Don Felipe, Tetrarca do mundo, sobre cuxos súbditos o sol nunca se pon".[5] Na peza Don Carlos de 1787 do dramaturgo alemán Friedrich Schiller, o pai de Don Carlos, Filipe II, di: "Meu nome é / O home máis rico do mundo bautizado; / O sol nunca se pón no meu Estado".[5]

Joseph Fouché lembrou a Napoleón dicindo antes da Guerra Peninsular: "Reflexionan que o sol nunca se pon na inmensa herdanza de Carlos V, e que terei o imperio dos dous mundos". Iso foi citado na "Vida de Napoleón" de Walter Scott. Alegouse tamén que o emblema de Lois XIV de Francia como o "Rei Sol" e o lema asociado, "Nec pluribus impar", foran inspirados no lema de Filipe II.[5]

O tópico foi repetido por Alexander Campbell en 1852: "Para a Gran Bretaña e América, Deus concedeu a pose do novo mundo; e porque o sol nunca se pon sobre a nosa relixión, nosa lingua e nosas artes...".[6]

  1. Dinis, Rita. "O dia em que Portugal perdeu a última batalha pela independência". Observador (en portugués). Consultado o 2022-12-25. 
  2. 2,0 2,1 "¿A qué se llamó "La Unión Ibérica"?". Muy Interesante (en castelán). 2017-08-23. Consultado o 2023-10-01. 
  3. Büchmann, Georg (1895). Geflügelte worte : Der Citatenschatz des deutschen Volkes. Berlin : Haude und Spener (F. Weidling). 
  4. "γῆν τὴν Περσίδα ἀποδέξομεν τῷ Διὸς αἰθέρι ὁμουρέουσαν. οὐ γὰρ δὴ χώρην γε οὐδεμίαν κατόψεται ἥλιος ὅμουρον ἐοῦσαν τῇ ἡμετέρῃ" ("Debemos estender o territorio persa tan lonxe como alcance o ceo de Deus. O sol non brillará en ningunha terra fóra das nosas fronteiras.")
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Hamish M. Scott (2015). The Oxford Handbook of Early Modern European History, 1350-1750: Cultures and Power. Oxford University Press. p. 217. ISBN 978-0-19-959726-0. Bartlett, John (2000) [1919]. Familiar quotations.
  6. "Alexander Campbell's Popular Lectures and Addresses: No. VII.". web.archive.org. 2011-04-10. Archived from the original on 10 de abril de 2011. Consultado o 2023-10-01. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.