Dimitris Koutsoumpas

Dimitris Koutsoumpas (Grego:Δημήτρης Κουτσούμπας), nado o 10 de agosto de 1955 en Lamia, é un político grego, secretario xeral do Partido Comunista de Grecia desde o 14 de abril de 2013.[1]

Dimitris Koutsoumpas
Koutsoumbas.jpg
Nacemento10 de agosto de 1955
 Lamía
NacionalidadeGrecia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Atenas
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun miilitante comunista e membro da resistencia contra os nazis que estivera exiliado durante oito anos.[2] Koutsoumpas estudou dereito na Universidade de Atenas e foi membro das Xuventudes Comunistas de Grecia. Participou na sublevación de Escola Politécnica da Atenas contra o Réxime dos Coroneis en novembro 1973.[2] En 1987 entrou por primeira volta no Comité Central do Partido Comunista de Grecia e en 1996 no seu politburo.[2] No mesmo ano converteuse en director de Rizospastis, o diario oficial do PCG. Foi candidato nas eleccións parlamentarias de 2000 e 2007 sen resultar elixido.[3][4]

No XIX Congreso do Partido Comunista, o 14 de abril de 2013, resultou elixido secretario xeral do partido, sucedento a Aleka Papariga. Nas eleccións parlamentarias de xaneiro de 2015 entrou no Parlamento como deputado.

NotasEditar

  1. in.gr, ed. (14 de abril de 2013). Νέος γραμματέας του ΚΚΕ ο Δημήτρης Κουτσούμπας. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Βιογραφικό Κουτσούμπα". Kathimerini. 14 de abril de 2013. 
  3. "Εκλογές 2000". Rizospastis. 9 de marzo de 2000. 
  4. "Εκλογές 2007". Rizospastis. 26 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21/02/2014. Consultado o 23/08/2018. 

Ligazóns externasEditar