Digital Garbage é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Mudhoney, publicado o 19 de setembro de 2018 a través do selo Sub Pop Records,[1] sendo o seu sétimo álbum editado por esta discográfica.[2]

Digital Garbage
Álbum de Mudhoney
Publicado19 de setembro de 2018
Duración34:39
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Sub Pop Records
Producido porJohnny Sangster
Cronoloxía
Vanishing Point
(2013)
Digital Garbage Plastic Eternity
(2023)

Recepción editar

Digital Garbage tivo recensións xeralmente positivas da maioría dos críticos musicais. En Metacritic asignan unha puntuación de "media ponderada" de 100 ás críticas e valoracións dos principais críticos, e o álbum recibiu unha puntuación de 75, baseada en 17 recensións.[3] Mark Deming de AllMusic afirmou que "Digital Garbage non é o gran álbum de protesta de Mudhoney, pero como reacción a un tempo caótico e divisivo, é poderosamente elocuente ao seu xeito sucio, e demostra que aínda poden soar como nada máis que eles mesmos sen estar atados ao pasado. Vén pola rabia de Digital Garbage e quédate polo rock. Ambos séntense intensos e purificadores".[4]

AllMusic escolleuno como un dos seus discos de rock favoritos de 2018,[4] e Mojo situouno no 55 da súa lista dos 75 mellores álbums de 2018.[5]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Mark Arm, Steve Turner, Dan Peters e Guy Maddison

N.º Título Duración
1. "Nerve Attack"   2:45
2. "Paranoid Core"   2:31
3. "Please Mister Gunman"   3:30
4. "Kill Yourself Live"   4:48
5. "Night and Fog"   4:04
6. "21st Century Pharisees"   2:35
7. "Hey Neanderfuck"   2:40
8. "Prosperity Gospel"   3:48
9. "Messiah's Lament"   3:04
10. "Next Mass Extinction"   3:25
11. "Oh Yeah"   1:29
34:39

Notas editar

  1. Records, Sub Pop. "Mudhoney - Digital Garbage". Sub Pop Mega Mart (en inglés). Consultado o 2020-08-22. 
  2. "Mudhoney | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-08-22. 
  3. "Digital Garbage by Mudhoney" (en inglés). Consultado o 2024-04-01. 
  4. 4,0 4,1 "Digital Garbage - Mudhoney". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-04-01. 
  5. "Mojo: 75 Best Albums of 2018". www.yearendlists.com (en inglés). 2018-11-17. Consultado o 2024-04-01.