Diego Pazos

xurista, rexistrador e historiador galego
(Redirección desde «Diego Pazos y García»)

Diego Pazos García, nado en Sarria o 2 de agosto de 1857 e finado no mesmo concello o 15 de xullo de 1920, foi un xurista, historiador e rexistrador da propiedade galego.

Diego Pazos
Nacemento1857
Lugar de nacementoSarria
Falecemento1920
Lugar de falecementoSarria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónxurista e historiador
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Ingresou no corpo de Rexistradores de Facenda, do que se converteu en presidente. Escribiu obras sobre temas económicos e sociais relacionados coa súa profesión. Publicou numerosos artigos sen sinatura na revista madrileña La Administración. É autor dunha historia de Sarria que abarca dende a prehistoria ata o século XVIII.

Obras editar

  • Ensayo sobre la estadística de Registros de la propiedad en España y en el extranjero, teórica y prácticamente considerada, Madrid, Imprenta de José Gil y Navarro, 1889
  • Sobre el Registro de la propiedad en la teoría y en la aplicación, particularmente en España, Madrid, E. Jaramillo y Cía., 1890
  • La división de las fincas rústicas en España, Madrid, 1893
  • Reseña de la organización y trabajos de la estadística oficial en España, Madrid, 1897
  • Reformas que convendría introducir en los Presupuestos del estado y en su discusión y aprobación por las Cortes, Madrid, Jaime Ratés, 1905
  • La redención de foros. Situación presente, Madrid, Imprenta Alemana, 1908
  • La cuestión agraria en Irlanda y referencias á la de España, Madrid, Jaime Ratés Martín, 1908
  • Disposiciones que podrán impedir en España la división de las fincas rústicas, cuando esta división perjudica el cultivo, Madrid, Imprenta del Asilo de Huérfanos, 1909
  • Asociación de Registradores de la Propiedad en España. Memoria que publica su Junta Central, redactada y ordenada por el Presidente de la misma, Madrid, R. Velasco, 1913
  • Apuntes acerca de la Historia de la villa y comarca de Sarria, Madrid, Jaime Ratés, 1916
  • Historia de la villa y comarca de Sarria, s. l., 1916 (ed. facs., Lugo, Alvarellos, 1980)
  • Política social agraria en España. Problemas, situación y reformas, Madrid, Jaime Ratés, 1920.

Recoñecementos editar

  • Premio da Exposición Internacional de Demografía e Hixiene de Madrid en 1889.
  • Recompensas da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1893 e 1905.
  • Unha rúa de Sarria leva o seu nome

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar