Die Welle

filme de 2008 dirixido por Dennis Gansel

Die Welle (A onda en alemán) é un filme alemán realizado no 2008. Tivo un éxito satisfactorio nas grandes pantallas xermanas, pois despois de 10 semanas en cartel, 2'3 millóns de persoas vírano. A película está dirixida por Dennis Gansel.

A onda
Ficha técnica
Título orixinalDie Welle
DirectorDennis Gansel
ProdutorChristian Becker
Nina Maag
Anita Schneider
GuiónDennis Gansel
Peter Thorwarth
Baseado enThe Wave
Terceira Onda
IntérpretesJürgen Vogel
Max Riemelt
Jennifer Ulrich
Jacob Matschenz
Frederick Lau
MúsicaHeiko Maile
FotografíaTorsten Breuer
DistribuidoraConstantin Film Verleih GmbH
EstreaSundance: 18 de xaneiro de 2008
Duración107 minutos
OrixeAlemaña Alemaña
XéneroDrama
Orzamento5 000 000 (estimación)
Recadación€23 679 136[1]
Na rede
https://www.constantin-film.de/kino/die-welle/
IMDB: tt1063669 Filmaffinity: 695239 Allocine: 134390 Rottentomatoes: m/the_wave_2008 Allmovie: v426715 TV.com: movies/the-wave-2011 Netlix: 70084189Editar o valor em Wikidata

Baséase en The Wave, novela de Morton Rhue de 1981, que á súa vez sacara a idea do experimento real da Terceira onda, feito por Ron Jones en 1967, profesor dun instituto de Palo Alto (California).

Sinopse editar

Durante un proxecto semanal, o profesor Rainer Wenger ensínalle aos alumnos da súa clase o tema da autocracia como forma de goberno. Os estudantes ven imposible a idea de que puidese volver unha ditadura como a do Terceiro Reich na Alemaña, pois a pesar do tempo pasado, hai arrepentimento, e a actual política e as tecnoloxías arbitrarían o proceso dun mandato novo autocrático. O profesor Rainer Wenger decide empezar un experimento cos seus alumnos para demostrar o fácil que é manipular as masas. A través do seu lema: "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción, forza a través do orgullo", e seguindo o profesor un liderado grupal, cada día os alumnos crean unha nova norma. Por exemplo, o profesor logra que todos eles ao entrar na aula, en menos de 30 segundos, estean sentados con actitude atenta, resoltos a iniciar a clase. O interese da forma de como se executaban as clases creceu, facendo que alumnos doutros cursos se cambiaran para este. O popular curso votou chamarse "A Onda", e a medida que pasaban os días, esta comezou a facerse notar mediante fóra das aulas, por detrás do profesor Wenger, que acaba perdendo o control da situación.

Elenco editar

 
Instituto MarieCurie en Dallgow-Döberitz, onde se gravou a película.

Banda sonora editar

A banda sonora da película publicouna a EMI alemá o 25 de maio do 2008, e contén cancións de The Subways, Kilians, Johnossi, Digitalism e The Hives, como tamén unha versión de EL*KE do clásico "Rock 'n' Roll High School" dos Ramones. A canción titulada "Garden Of Growing Hearts" foi feita pola banda berlinesa Empty Trash. A música orixinal da película foi composta por Heiko Maile, membro do grupo musical Camouflage.

Notas editar