Die Krupps
Die Krupps é unha banda alemá de rock industrial/EBM formada en Düsseldorf no ano 1980 por Jürgen Engler e Bernward Malaka.
Die Krupps | |
---|---|
Orixe | Düsseldorf, Alemaña |
Período | 1980 - presente |
Xénero(s) | post-industrial, Electronic Body Music, metal industrrial |
Selo(s) discográfico(s) | Hollywood |
Membros | Jürgen Engler Ralf Dörper Marcel Zürcher Rüdiger Esch Nook |
Antigos membros | Bernward Malaka Frank Köllges Eva Gößling Christina Schnekenburger Walter Jaeger Christopher Lietz Lee Altus Darren Minter George Lewis Oliver Röhl Achim Färber |
Na rede | |
http://www.diekrupps.de/ | |
Historia
editarO seu son inicial durante os anos 80 combinaba sintetizadores con percusión metálica, eDie Krupps foi un grupo clave na progresión en Europa da Electronic Body Music, culminando coa colaboración en 1989 coa banda británica Nitzer Ebb nunha re-edición de Wahrer Lohn/Wahre Arbeit. En 1992 comezaron a usar guitarras e máis sons derivados do heavy metal, coa edición do seu álbum I. Foi un movemento pioneiro que permitiu que outras moitas bandas usaran unha combinación de electrónica e metal para conseguir un son industrial máis profundo.. A banda continuou ese camiño durante os anos 90, editando II en 1993. Un máis meditabundo e experimental III seguiuno en 1995. Despois da publicación do fortemente influenciado polo heavy metal Paradise Now en 1997, a banda separouse.
Unha das súas edicións máis famosas é o EP Tribute To Metallica, onde gravaron versión de temas de Metallica co seu característico estilo.
Jürgen Engler anunciou posteriormente a fundación dun novo proxecto, DKay.com. e editou dous álbums nos anos 2000 e 2002.
Ralf Dörper creou a banda Propaganda en 1982 despois de deixar Die Krupps, pero en 1989 regresaría.
Die Krupps celebrou o seu 25 aniversario con aparicións en grandes festivais europeos, edemais de aparicións en solitario nos anos 2005 e 2006.
No outono do 2007 foron editados dous álbums de grandes éxitos para celebrar o 25 aniversario do grupo: Too Much History - The Electro Years Vol. 1 e Too Much History - The Metal Years Vol. 2. Un dos discos amosa o seu lado máis electrónico e o outro o máis metaleiro. Ámbolos dous combináronse no dobre álbum Too Much History.
Discografía
editar- Stahlwerksymphonie (1981)
- Volle Kraft Voraus! (1982)
- Entering the Arena (1985)
- I (1992)
- II: The Final Option (1993)
- The Final Remixes (1994)
- III: Odyssey of the Mind (1995)
- Paradise Now (1997)
- I Re-release (2008)