Didelphis marsupialis

Didelphis marsupialis é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[2] propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Suramérica.

Taxonomía editar

A especie foi descrita por vez primeira por Linneo en 1758, na páxina 54 do primeiro volume da 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]

Subespecies editar

Segundo Mammal Species of the World,[2] e o Catalogue o Life,[3] na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:

  • Especie Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758
    • Subespeie Didelphis marsupialis caucae J. A. Allen, 1900
    • Subespecie Didelphis marsupialis marsupialis Linnaeus, 1758

Etimoloxías editar

O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[4]

O específico, marsupialis, pola súa banda, deriva do adxectivo do latín científico marsūpialis, tirado do substantivo do latín clásico marsūpium, -ii, "a bolsa do diñeiro" en alusión ao marsupio propio destes animais.

Características e comportamento editar

É unha das especies máis grandes do xénero Didelphis (aínda que algo menor que Didelphis virginiana), xa que pode chegar a medir entre 45 e 60 cm de lonxitude, e pode pesar máis de 20 kg.

Trátase dun animal xeralista, con hábitos alimenticios de tipo omnívoro. Aliméntase principalmente de aves, sendo a súa presa máis común a galiña.[Cómpre referencia]

Distribución editar

A especie distribúese polo centro, leste e sueste de México, por toda a América Central (incluídas as Antillas[Cómpre referencia]), algúns países andinos (Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia), Venezuela, Güiana e o noroeste do Brasil.

Estado de conervación editar

A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, á súa ampla área de distribución, á súa presumibelmente gran poboación, á súa tolerancia ás modificacións do seu hábitat e a que está presente en numerosa zonas protexidas.[5]

Aínda que esta especie é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos.[5]

Notas editar

  1. Cuarón, A.D., Emmons, L., Helgen, K., Reid, F., Lew, D., Patterson, B., Delgado, C. & Solari, S. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 2,2 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  3. Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Species 2000 - ITIS - Catalogue of Life: 21st April 2015.
  4. Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1. 
  5. 5,0 5,1 Brito, D.; Astua de Moraes, D.; Lew, D.; Soriano, P.; Emmons, L.; Cuarón, A. D.; Helgen, K.; Reid, R. & Vazquez, E. [asesores] (2008): Didelphis marsupialis na Lista vermella de especeies ameazadas da UICN. Versión 2014.3

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar