Dictyoglomi
Dictyoglomi | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Dictyoglomi é un pequeno filo de bacterias no que só se inclúe un xénero, Dictyoglomus, do que hai descritas dúas especies: D. thermopilus e D. turgidum.[3] O D. thermophilus é moi termófilo, quimioorganótrofo, cunha parede de tres capas gramnegativa [4], e espertou moito interese porque produce o encima xilanase, que dixire o polisacárido xilano, formado principalmente pola pentosa xilosa. Pretratando a polpa de madeira con este encima, os produtores de papel poden branquear o papel usando moito menos cloro.
O nome procede do grego dictyon, rede, e do latín glomus, bóla [1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 J.P. Euzéby. "Dictyoglomi". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2011-06-05.
- ↑ See the NCBI webpage on Dictyglomi. Data extracted from the "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2011-06-05.
- ↑ Morris DD, Gibbs MD, Chin CW; et al. (1998). "Cloning of the xynB gene from Dictyoglomus thermophilum Rt46B.1 and action of the gene product on kraft pulp". Appl. Environ. Microbiol. 64 (5): 1759–65. PMC 106227. PMID 9572948.
- ↑ Kristjansson, Jakob K. (1992). Thermophilic bacteria. Boca Raton: CRC Press. pp. 133. ISBN 0-8493-5239-8.