Dick Rathmann

piloto estadounidense
Dick Rathmann
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 6 (1950, 1956-1960)
Escudería(s) Watson, Kurtis Kraft, Lesovsky
Grandes Premios disputados 6 (5 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 1
Voltas rápidas 0
Primeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1950
Derradeiro GP 500 Millas de Indianápolis de 1960

Dick Rathmann (nado James Rathmanne finado o 6 de xaneiro de 1926, 1 de febreiro de 2000) foi un piloto de carreiras estadounidense.

Pilotou na serie AAA Championship Car nas tempadas 1949 e 1950 con 4 saídas, incluído as 500 Millas de Indianápolis de 1950. Rematou entre os dez primeiros unha vez, na sexta posición en Milwaukee en 1950.

En 1951 trasladouse a NASCAR, onde foi un exitoso piloto da Grand National ata 1955.

En 1956, regresou á serie USAC Championship Car], competindo nas tempadas 1956–1964 con 41 saídas, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis en 1956 e 1958-1964. Rematou entre os dez primeiros 21 veces máis, co seu mellor resultado unha 2ª posición en 1959 en Daytona.

Rathmann acadou a pole nas 500 Millas de Indianápolis de 1958. Na primeira volta, el e o seu compañeiro na primeira fila Ed Elisian entraron na curva 3 e provocaron un accidente en cadea que implicou 15 coches e cobrouse a vida de O'Connor. Con ese accidente, Rathmann converteuse no primeiro pole-sitter de Indy en non poder completar unha volta. Isto só se repetiu dúas veces na historia da Indy, primeiro por Roberto Guerrero e logo por Scott Sharp.

Rathmann era o irmán máis vello do gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1960 Jim Rathmann. Os dous cambiaron de nome en 1946 para que o seu irmán máis novo puidese participar nunha carreira sendo menor de idade. Polo que se supoñía pouco tempo, adoptou o nome de "Dick" e o seu irmán adoptou o nome de "Jim". O cambio quedou de por vida.

En 2009, Rathmann ingresou no West Coast Stock Car Hall of Fame.[1]

Resumo da carreira no Campionato Mundial editar

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato Mundial da FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Dick Rathmann participou en 5 carreiras do Campionato do Mundo. Comezou na pole unha vez e acumulou un total de 2 puntos no Campionato Mundial.

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis editar

  • Rathmann clasificouse para a carreira de 1957, pero foi asaltado a noite anterior ao evento. Substituíuno Johnnie Parsons.[2]

Notas editar

  1. "West Coast Stock Car Hall of Fame". West Coast Stock Car Hall of Fame. Consultado o 16 de marzo de 2012. 
  2. "Wheeling, dealing for final spot in Indy 500 is under way". St. Joseph Gazette. 1984-05-24. Consultado o 2012-04-02. 

Véxase tamén editar