Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira

O Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira é unha obra elaborada durante a segunda metade do século XX e publicada en 1968.[1] Está dividida en catro tomos máis un índice que procura abranxer na súa totalidade as literaturas portuguesa, galega e brasileira. Nesta obra defínense tanto autores como obras, temas, personaxes, xéneros, formas poéticas, rexións e conexións da Literatura coa Historia e con outras ramas da cultura de diversos aspectos secundarios, conceptos, revistas, movementos ou épocas relevantes para a cultura contemporánea.

Estrutura editar

A obra ten un carácter histórico-literario e todos os artigos están seriados por orde alfabética nunha listaxe única. Os volumes organízanse de forma alfabética, repartíndose así: o primeiro volume as letras da A ao E; o segundo do F ao M; o terceiro do N ao R; o cuarto do S ao Z; e o quinto tomo é o Índice de autores e títulos.

A orde de clasificación dos autores é: primeiro, os portugueses e brasileiros que aparecen ordenados polo último elemento do apelido literariamente coñecido (exemplo: Biester, Ernesto da Crítica Literaria Portuguesa). En segundo lugar, os escritores galegos dos séculos XIX e XX e pseudónimos arcaicos, aparecen ordenados polo primeiro apelido (exemplo: Da Cal, Ernesto Guerra). Tamén as personaxes, ordenadas polo primeiro elemento (nome ou apelido) polo que son xeralmente coñecidas.

A orde do título Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira, vén dunha suxetión pola Historia na que se considera que a Literatura Portuguesa é máis próxima á Brasileira do que a Portuguesa á Galega (explicado no Prólogo Instruções para Consulta do primeiro volume).

Colaboradores dos volumes editar

A dirección xeral é levada a cabo por Jacinto do Prado Coelho, profesor, ensaísta e crítico literario portugués.

  • No primeiro volume, os coordinadores foron Ernesto Rodrigues, profesor na Universidade de Lisboa, na Literatura Portuguesa; Viale Moutinho, periodista e escritor portugués, na Literatura Galega; e Pires Laranjeira, doutorado en Literaturas Africanas pola Facultade de Letras da Universidade de Coimbra (FLUC), encargado da Literatura Brasileira. Nos cinco volumes participaron 32 colaboradores, entre eles destacan personalidades como
  • Nas dúas actualizacións do primeiro e do segundo volume aparecen distintos colaboradores, en ambos casos 55 en lugar de 32. Nel destacan novos como Alberto Sampaio, investigador literario, ocupouse da Literatura Portuguesa xunto con Elsa Gonçalves, profesora da Universidade de Lisboa. Na Literatura Brasileira, entre as novidades destacan Virgínia Gonçalves, profesora da Universidade Estadual de Londrina.

Información adicional editar

En Fazer(-se) um nome, obra escrita por Joel R. Gômez, o autor ensalza a figura de Ernesto Guerra da Cal e alicerza un novo discurso queirosiano durante os anos 1954 e 1959-

Utilizou as metodoloxías da Estilística e da Literatura Comparada; é un tempo no que o autor está intimamente relacionado cos diferentes grupos do "Campo da Crítica Literária".

Ernesto Guerra Da Cal consolidouse como especialista prestixiado a través do recoñecimento internacional de LEEQ (Língua e Estilo de Eça de Queirós nas súas diferentes edicións. Outro elemento interesante a destacar foi a súa prominencia no CCL que se solidou ao ser convidado pola Universidade de Coimbra como "membro de honra do V Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros". Respecto á súa produción científica, un dos feitos máis importantes a resaltar foi a súa ocupación da literatura portuguesa e brasileira na Enciclopedia Collier.  

Notas editar