Unha diazomata, palabra orixinaria do grego (διάζωμα) e que se emprega tamén no latín diazoma, é un espazo alongado que separa unha sección das bancadas doutra, tanto no teatro como nos anfiteatros e circos. Normalmente era única coma no Teatro de Epidauro pero, ás veces, eran dúas coma no Teatro de Dioniso en Atenas[1].

Bosquexo esquemático do Teatro de Dioniso en Atenas.
As diazomatas, corredores que separan os diferentes niveis nas bancadas, son claramente visibles no Teatro romano de Cartaxena.

No teatro romano pasan a denominarse como praecinctio mais o arquitecto romano Marco Vitruvio empregaba, porén, dita palabra para designar o elemento que divide a orchestra da escena.[2]

Notas editar

  1. "ENCICLOPEDIA DELL' ARTE ANTICA" (en italiano). Consultado o 08-11-2016. 
  2. Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid, España: Akal. p. 62. ISBN 978-84-460-0924-5.