Diane Venora

Actriz estadounidense

Diana Venora, nada o 10 de agosto de 1952 en East Hartford, Connecticut, é unha actriz norteamericana de cine, teatro e televisión.

Diane Venora
Nacemento10 de agosto de 1952
LugarEast Hartford
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enJuilliard School, Boston Conservatory at Berklee e East Hartford High School
Cónxuxe(s)Andrzej Bartkowiak
Profesiónactriz, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0893204 Allocine: 5393 Allmovie: p73268 IBDB: 75879 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Venora fixo o seu debut no cine debut xunto a Albert Finney e Gregory Hines no filme Wolfen (1981). En 1983, protagonizou o papel principal da produción de Joseph Papp Hamlet, no New York Shakespeare Festival. Foi a primeira muller en interpretalo no prestixioso festival.

En 1988, a súa aclamada interpretación no filme biográfico Bird sobre a vida do artista de jazz Charlie Parker, dirixido por Clint Eastwood, valeulle un nomeamento ós Globos de Ouro e ó New York Film Critics Circle Award.

Na década dos noventa, destacan as súas aparicións nos filmes Romeo + Juliet (1996), The Jackal (1997), The 13th Warrior (1999), Execución inminente (1999) e The Insider (1999). Tamén apareceu no filme do 2010 All Good Things.