Diana Varela Puñal
avogada e escritora galega
Diana Varela Puñal, nada en Corme (Ponteceso) o 16 de febreiro de 1981, é unha avogada e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1981 (43 anos) Corme, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , avogada |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Trasladouse aos catorce anos á Coruña. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada. Algúns dos seus poemas viron a luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico e en El Correo Gallego. Colaboradora dos xornais Galicia Hoxe e La Opinión.
Obras editar
Poesía editar
- Fíos, 2008, Espiral Maior.
- Animal abismo, 2010, Espiral Maior.
- Non, amor, 2017, Medulia.
Literatura infanto-xuvenil editar
- As trovas de Midas, 2011, libro publicado por Galebook, en formato impreso e dixital.
Narrativa editar
- Fin de Festa, 2015, Laiovento.
- Diario sen datas dunha aborixe galega (2019). Laiovento. 152 páxs. ISBN 84-8487-442-3.
Obras colectivas editar
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- Dez anos nas Pontes, 2013, Galebook.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Premios editar
- Premio de poesía Díaz Jácome do Concello de Mondoñedo, no 2006..
- Premio de poesía Uxío Novoneyra, do Concello das Pontes, no 2006.
- Premio Estornela de Teatro para nenos, por Arlequino Viceversa, no 2012.
- Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta con A conxura, no 2020.[1]
Notas editar
- ↑ SL, POMBAPRESS. "Diana Varela Puñal, ganadora de la quinta edición del Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta con 'A conxura"". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2020-10-28.