Diaño de Tasmania

O diaño de Tasmania (Sarcophilus harrisii) é un marsupial carnívoro que actualmente só se atopa en estado salvaxe no estado insular australiano de Tasmania. O diaño de Tasmania é o único membro vivente do xénero Sarcophilus. Co tamaño dun can pequeno, pero robusto e musculado, o diaño de Tasmania é actualmente o meirande marsupial carnívoro do mundo, despois da extinción do tigre de Tasmania en 1936. Caracterízase pola súa pelaxe negra, o fedor que emite cando se pon nervioso e a súa ferocidade cando se alimenta. Sábese que caza presas pero que tamén que se alimenta de prea. Malia que adoita ser solitario, tamén se alimenta en grupos.

Diaño de Tasmania
Rango fósil: Plistoceno – actualidade

Un diaño de Tasmania macho.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Orde: Dasyuromorphia
Familia: Dasyuridae
Xénero: Sarcophilus
Especie: S. harrisii
Nome binomial
'Sarcophilus harrisii'
(Boitard, 1841)
Distribución do Diaño de Tasmania (gris)
Distribución do Diaño de Tasmania (gris)

Distribución do Diaño de Tasmania (gris)

O diaño de Tasmania foi extirpado do continente australiano uns 400 anos antes da colonización europea en 1788. Como eran vistos como unha ameaza para o gando, foron cazados até 1941, cando foron protexidos oficialmente. Dende finais da década de 1990, o cancro facial do diaño de Tasmania reduciu a poboación de diaños significativamente e, actualmente, ameaza a supervivencia da especie, que en maio de 2009 foi declarada ameazada. O goberno de Tasmania emprendeu programas para reducir o impacto da enfermidade.

  1. Hawkins, C.E.; McCallum, H.; Mooney, N.; Jones, M.; Holdsworth, M. (2008). "{{{title}}}". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o {{{downloaded}}}. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar