Diñeiro fiduciario

O diñeiro fiduciario é o tipo de diñeiro cuxo valor expreso en si non significa ou representa unha contía real, que pode estar gardada noutro sitio ou nunha institución financeira, senón que é aceptado como medio de pago só pola confianza que o seu emitente consegue xerar na clientela. De feito, o valor estampado neste tipo de diñeiro, como os billetes de euro, non representa unha grandeza física ou posúe calquera outro significado real, pero serve só como unidade de conta abstracta. Así sendo, a despeito de poder ser cambiado por calquera ben negociable, esta circunstancia retíralle a convertibilidade.[1][2]

  1. Fonseca, Wladimir (2009). Mercado de capitais (en portugués). Curitiba: IESDE. p. 43. 
  2. Mankiw, Gregory (2014). Macroeconomía (en castelán). Traducido por Esther Rabasco. Barcelona: Antoni Bosch. p. 818. 

 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.